Seguimos ao teu carón!

Coa dificultade e a complexidade que neste curso nos espera, CCOO-Ensino quere trasladarche unha mensaxe de tranquilidade e de compromiso. Continuaremos exercendo o “sindicalismo de proximidade” que nos diferencia, mantendo a presenza nos centros educativos, acudindo a eles cando sexa posible e necesario.
Por suposto, cumprindo sempre con todas as prevencións sanitarias.  Seguiremos ao teu carón nos locais sindicais, preferentemente con cita previa para respectar os aforos e garantir a seguridade e nos nosos teléfonos atendendo ás túas dúbidas, consultas e demandas.
Seguiremos ao teu carón telematicamente na nosa web, e-mail e por suposto nas redes sociais, onde continuaremos despregando a nosa actividade de apoio á clase traballadora do ensino.

Ponte en contacto connosco se nos necesitas.

Seguimos ao teu carón….