CCOO-Ensino asina unha nova addenda ao Acordo de acceso ás listas de Interinidades e substitucións

A Addenda supon a trasposición ao Acordo de 15 de xuño de 1995 de acceso a listas de interinidades e substitucións do previsto no RD31/2020. Velaquí podedes ver a Addenda asinada

 

Publicado o 08 de outubro de 2020

Nela establecense as condicións polas que durante a pandemia provocada pola COVID19 as listas se actualizaran de modo extraordinario e a posible contratación de profesorado que non posúa os requisitos de formación pedagóxica, pero dando sempre preferencia na contratación ao profesorado que posua todos os requisitos.

CCOO-Ensino logrou que se introduza un punto no que aqueles que non posúan a formación pedagoxica de posgrao deberán realizar aquela formación que a administración deseñe.

CCOO-Ensino lamenta que organizacións sindicais que nunca asinaron o Acordo nin as súas addendas pretendan modificar as súas bases e enganen ao profesorado temporal con cantos de serea, obviando que este acordo garantiu e garante a estabilidade nas listas de interinidades e substitucións dende a súa sinatura no ano 1995.