5 de Outubro. Dia Mundial das e dos docentes: Asumir o liderado

As e os docentes están a traballar individual e colectivamente para atopar solucións e crear novas contornas de aprendizaxe, colaboraron tamén en actividades destinadas a garantir a seguridade dos seus alumnos, como a distribución de alimentos, subministracións sanitarias e material escolar, e abordaron as necesidades de apoio  socioemocional e de saúde mental dos estudantes e as súas familias.

 Agora temos que pensar máis aló da COVID-19 e traballar para crear unha maior  resiliencia  dos  nosos  sistemas  educativos  que  permita  responder  rápida  e   eficazmente a estas e outras crises similares. Iso supón preservar o financiamento da  educación,  investir  nunha    formación  inicial  de alta calidade  para  os  docentes  e  continuar o desenvolvemento profesional do persoal docente existente.  Se non se adoptan medidas urxentes e non se incrementan os investimentos, a crise da aprendizaxe  podería  converterse  nunha  catástrofe  educativa.  Mesmo  antes da  pandemia de COVID-19, máis da metade dos nenos de dez anos de idade en países de ingresos baixos a medios non eran capaces de entender unha simple historia por escrito.

Para reforzar a resiliencia do profesorado en tempos de crise, todos os docentes deberían adquirir as competencias dixitais e pedagóxicas necesarias para ensinar a distancia, en liña    e  mediante  métodos  de aprendizaxe  mixtos  ou  híbridos, calquera  que  sexa o nivel de tecnoloxía  dispoñible. Os  gobernos  deberían  garantir infraestruturas e unha conectividade dixitais en todo o seu territorio, incluídas as zonas rurais e remotas.

No contexto  da COVID-19,  os  gobernos,  os  interlocutores  sociais  e  outros  axentes  esenciais  asumen  unha  responsabilidade  aínda  maior  con respecto aos  docentes. Instamos    os gobernos  a que  protexan  a  seguridade,  a  saúde  e    o benestar  dos docentes,  así como    o seu  emprego,  a que  sigan  mellorando  as súas  condicións laborais  e  a que os impliquen,  xunto coas organizacións  que  os  representan,  no  enfoque educativo  adoptado  para  responder  á  pandemia e propiciar a recuperación posterior a ela.