Mesa sectorial do 6 de outubro. Acordo de Persoal Interino e o Concurso Xeral de Traslados

Na Mesa Sectorial de Docentes de Pública Non Universitaria do martes 6 de Outubro, tratáronse unha Addenda ao Acordo de Persoal Interino para adaptar o acordo ao RD31/2020 e a Orde do Concurso de Traslados.

Velaquí podedes ver a intervención de CCOO-Ensino con respecto ao Acordo de Persoal Interino, ao Concurso de Traslados e en Rogos e Suxestións

A Conselleria confirma que o prazo do Concurso de Traslados será do 5 ao 26 de novembro 

Publicado o 06 de outubro de 2020

Addenda ao Acordo de 15 de Xuño de 1995 para a confección de listas de interinidades e substitucións

  • CCOO-Ensino non comparte que poida acceder á docencia profesorado sen mestrado pero tamén sabemos que de acabarse as listas non haberia outra solución.
  • CCOO-Ensino coincide coa prioridade que debe darse ao profesorado que posúa o mestrado
  • CCOO acepta, pola situación de necesidade de cubrir as vacantes de profesorado, a nota media do expediente académico como criterio obxectivo. Nada que ver co que están a facer noutras comunidades usando criterios pouco recomendables e controlables como o de data de solicitude entre outros.
  • CCOO-Ensino demanda que no caso de recorrer a profesorado sen mestrado o posto de traballo vaia vinculado a una formación básica en aspectos pedagóxico didácticos, tal e como xa expresamos na Comisión de Seguemento do Acordo de Interinos. (ACEPTADO)
  • CCOO-Ensino incide que aqueles que non teñan mestrado non consoliden posto nas listas para o futuro. Calquera decisión que se tome neste sentido carecería de seguridade xurídica.
  • CCOO-Ensino plantexou dúbidas en relación a aqueles aspirantes que actualmente están a cursar o mestrado, trátase de persoal que está orientando a seu futuro laboral á docencia e que xa se está preparando actualmente. Aínda sendo conscientes que no momento de apuntarse ás listas non teñen o requisito do mestrado van a telo certificado e nalgún caso posiblemente antes de rematar o nomeamento. Requirimos da Consellería que solicite un informe xurídico e de ter garantías propomos que teñan prioridade no acceso sobre quen non o está cursando e se valore por tanto a posibilidade de consolidar en listas condicionado á obtención do requisito.
  • CCOO incide na necesidade de facer unha valoración do amplo número de renuncias que se están a dar nas listas de persoal interino e a revisión dos motivos das mesmas pois fai complicada a xestión das listas e a cobertura das substitucións que se veñen producindo. (ACEPTADO)

 

Orde pola que se convoca concurso de traslados entre persoal funcionario docente dos corpos de catedráticos e profesores de ensino secundario, escolas oficiais de idiomas, música e artes escénicas, artes plásticas e deseño, profesores técnicos de formación profesional, mestres de taller de artes plásticas e deseño, mestres, inspectores ao servizo da administración educativa e inspectores de educación.

CCOO esixe que:

  • O elemento primordial para reducir o tempo de provisionalidade é a oferta do maior número de vacantes e deben incorporarse as vacantes que se produzan ata o límite da resolución provisional do concurso.

  • Reclamamos a provisión das vacantes dos corpos de Secundaria que sistemáticamente están a sair ano tras ano no CADP .

  • Reclamamos que no corpo de Mestres se oferten todas as vacantes existentes no catálogo.

  • Reclamamos que se oferten as vacantes do corpo de Mestres no 1o ciclo da ESO naquelas localidades nas que haxa demanda, ademais solicitamos os datos do profesorado do corpo de mestres .

  • Débense ofertar como mínimo tantas vacantes de cada especialidade como as prazas ofertadas na última OPE convocada.

  • Reclamamos a dotación de prazas de AL en Secundaria nos catálogos dos CPI e dos IES.

  • As vacantes provisionais deben publicarse simultaneamente nas datas de presentación da convocatoria.

  • As vacantes definitivas deben coñecerse antes ou simultaneamente coa publicación da resolución provisional do concurso.

  • Reclamamos instrucións claras as Xefaturas Territoriais sobre os criterios para ofertar as vacantes, así como establecer datas para que se nos faciliten a poposta provisional con tempo suficiente para negociala.

  • Rexeitamos que os centros funcionen no caso do Concurso como unidades administrativas e non se aborde a continuación da dotación de administrativos en todos os centros de Primaria.

  • Reclamamos que se abra un procedemento específico na sede electrónica para entregar telematicamente as solicitudes.

  • Ampliación do número de provincias para o dereito de concorrencia.

  • Limitación do sorteo dos vogais da comisión de baremación a aqueles que non participen no concurso de trasalados

  • Reclamamos a publicación de listados proviionais de puntuacións, prazo de reclamacións e puntuación definitiva.

     

No BAREMO esiximos:

  • A puntuación por ter impartido docencia en centros de especial dificultade debe ser baremada de

    oficio.

  • Eliminar o límite a 5 puntos da puntuación por outras funcións que non sexan directivas.

  • Incluír na puntuación como dirección os servizos prestados como responsables de centros de menos de tres unidades.

  • Incluir referencia aos postos de coordinación propios da Formación Profesional: coordinador titor de emprendemento/viveiro de empresa, coordinador da bolsa de emprego.

  • Eliminar a puntuación por desempeñar postos na administración.

  • A puntuación pola participación en tribunais de procedementos selectivos debera puntuarse non só no caso dos tribunais a partir da LOE.

  • Puntuar as titorías de CAP, titoría de funcionarios en prácticas e titorías de titulacións anteriores á entrada en vigor do sistema de graos e másteres.

  • Puntuar o máster de profesorado de secundaria aos mestres que o presenten xa que para eles non é un requisito.

  • A puntuación dos certificados de Idiomas obtidos fora das EOI.

  • Puntuar o premio extraordinario de Mestrado

  • Detallar a puntuación de forma clara que se obtén pola participación, coordinación e impartición en cada actividade de innovación educativa

Rogos e Suxestións

Solicitamos o cesamento da XT de A Coruña polo tratamento que se deu á Directora do CEIP Luis Seoane  de Mera e reclamamos que se deixe sen efecto a dimisión da mesma.

Demandamos establecer un calendario de temas a negociar neste curso. 

Esiximos unha redución de rateos máximas por unidade escolar, especialmente necesario nos tempos actuais de pandemia e da necesidade de manter as distancias interpersoais en espazos cerrados.

Esiximos a convocatoria inmediata do Comité de Seguridade e Saúde Laboral da Consellería de Educación, a dotación de máscaras de protección e outros epis a persoal dos centros de forma centralizada pola Consellería de Educación durante todo o curso e acordes á función realizada, especialmente mascaras transparentes para o profesorado de AL.

Esiximos que se resolvan no menor prazo posible as solicitudes de cualificación do persoal especialmente sensible ao covid en cada provincia, e se nos traslade datos estatísticos de solicitudes admitidas e de rexeitadas.

Solicitamos que se resolvan e concedan no menor tempo posible as solicitudes de paso de xornada partida a única  dos centros educativos para minimizar o risco de contaxio.

Solicitamos a negociación inmediata das condicións da teledocencia. 

Solicitamos información de cando a administración ten previsto publicar a listaxe provisoria de admitidos do concurso oposición, así como de cátedras, e das listas de interinidades e substitucións que se abriron no mes de xullo. 

Solicitamos que se volva abrir lista de mestres en Lingua Francesa (597033) xa que se esgotou a mediados de setembro. (ACEPTADO)

Esixir á Consellería e a Inspección o envío de instruccions claras aos centros sobre os criterios a empregar na confección dos horarios e na aplicación das medidas que se deducen do Protocolo COVID aos horarios do profesorado pois algúns centros están a incrementar a carga horaria do profesorado por riba das horas establecidas legalmente.

Denunciar na adxudicación de destinos provisionais a falta de control por parte das inspeccións dos perfís que colgan os centros para o CADP polas seguintes cuestións

  • Non é lóxico que todas as vacantes dalgunha especialidade nalgunha das sete grandes cidades sexan con afíns e con materias alexadas da propia especialidade. 
  • Ademais déronse casos como os seguintes:
    • Afinidade de materias non lingüísticas con dous idiomas ( Matemáticas con Galego e Inglés; Estética con Galego e Inglés)
    • Ata 6 vacantes da mesma especialidade cunha mesma afín no mesmo centro.
    • Utilización de materias como FOL e uso de ámbitos como comodín de máis de 4 vacantes de diferentes especialidades no mesmo centro.
    • Asignación de afíns que posteriormente non aparecen no horario real
  • Desta forma algúns equipos directivos apoiados pola inspección están a elixir o profesorado que vai ao seu centro.

Por todo isto demandamos o cesamento das Xefaturas Territoriais de Coruña e Pontevedra que vulneraron o dereito á negociación impedindo que se negociasen as vacantes a dotar no CADP.

Preguntamos se foron enviadas tal e como se quedou o ano anterior instrucións ás catro Xefaturas Territoriais sobre a exención de pagamento polo certificado de servizos para obter a gratuidade de matrícula na EOI, pois hai alguna Xefatura Territorial que afirma non ter constancia desas instrucións. 

Demandamos a convocatoria do Concurso de Orientación e de Adultos (RESPOSTAN QUE CONVOCARÁN ORIENTACIÓN PERO QUE ADULTOS NON É PROBABLE) 

Preguntamos polas datas nas que teñen pensado convocar o Curso para a Función Directiva.