A Comunidade educativa mobilízase e expresa o seu rexeitamento ao Protocolo COVID na segunda xornada de folga

As e os traballadores do ensino concéntranse nas cidades galegas o día de inicio da actividade lectiva en Ensino Secundario, Bacharelato, FP e Réxime Especial para expresar o seu rexeitamento ao Protocolo de adaptación á COVID-19 chamados á folga por CCOO-Ensino e outras 3 centrais sindicais.