Campaña de vixilancia da saúde para o persoal dos centros educativos 2020-21

 É aplicable ao persoal docente e non docente (funcionario e laboral) en activo, que presta servizos nos centros docentes públicos non universitarios, dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Universidade.

 A inscrición ten carácter voluntario, polo que se realizará logo da solicitude das persoas interesadas. As persoas responsables dos distintos centros de traballo facilitarán a información necesaria para a inscrición dos traballadores e das traballadoras.

 A inscrición realizarase de forma telemática no formulario de petición de recoñecemento na páxina web da Consellería de Cultura, Educación e Universidade na seguinte ligazón: https://revisionmedicaeducacion.xunta.gal 

Mais información na seguinte ligazón