CCOO-Ensino demanda a Consellería a realización das probas da COVID-19 a todas e todos os traballadores aos que non se lle realizou, incluídos os temporais

En escrito presentado á Conselleria, CCOO-ensino demanda  se  proceda a realizar o cribado da COVID-19 a todo o persoal que aínda non se lle realizou, nomeadamente ( PSEC, profesorado interino e substituto) dando así cumprimento ao establecido no apartado 2.1 do protocolo de adaptación dos centros escolares ao contexto da COVID-19

Publicado o 15 de setembro de 2020

O protocolo de adaptación ao contexto COVID dos centros educativos de Galicia establece no seu apartado 2.1 que “En virtude do convenio entre ambas consellerías a todo o profesorado e persoal dos centros sostidos con fondos públicos realizaráselle un test de cribado da COVID-19 e de ser o caso completar o proceso diagnóstico de acordo co protocolo clínico, antes do inicio do curso, sen prexuízo doutros que poidan ser considerados, de ser o caso”.

Dende finais de agosto vense realizando a proba serolóxica da COVID-19 ao persoal dos centros educativos.

Non obstante o anterior, a día de hoxe, e xa iniciada a actividade lectiva en primaria, unha parte importante do persoal ao que se refire o apartado 2.1 do citado protocolo aínda non foi chamado nin ten noticia de se van a fecerlle a proba ou non. Nomeadamente están máis afectados determinados colectivos: PSEC, persoal interino/substituto….

CCOO-Ensino demanda se proceda con inmediatez a realizar o cribado da COVID-19 a todo o persoal que aínda non se lle realizou dando así cumprimento ao regulado polas administracións sanitaria e educativa no apartado 2.1 do protocolo de adaptación ao contexto COVID-19.