CCOO-Ensino recomenda aos centros de Secundaria que insistan en solicitar os desdobres onde sexan necesarios

O criterio prioritario a utilizar debe ser a distancia interpersoal de 1,5 m e polo tanto no caso de non poder mantela, débense desdobrar os grupos. No caso de que a administración non autorice os desdobramentos desde CCOO-Ensino pómonos á disposición dos centros educativos para realizar as reclamacións pertinentes.
Na xuntanza celebrada hoxe co novo Secretario Xeral Técnico se nos traslada que se adía o inicio de curso nas etapas de Secundaria, tal e como solicitamos CCOO e outras organizacións.

O inicio de curso nestas etapas farase de modo escalonado os días 23, 24 e 25 de setembro.

Na xuntanza se nos informa que atenderán as solicitudes de desdobramento nos centros que estean debidamente xustificadas. Aínda que se establece un novo criterio que consiste na posibilidade de utilizar mamparas entre os alumnos, advertindo que deste modo non é preciso gardar a distancia de 1,5m entre postos, podendo reducirse esta a 1 m

CCOO-Ensino xa manifestara que o cambio de criterios para a organización dos centros de secundaria dificulta esta, con continuos vaivéns nestes e que esconden única e exclusivamente a nula intención de investimento en educación.

O protocolo publicitado o 31 de agosto segue en vigor e o criterio prioritario ten que ser o mantemento da distancia interpersoal de 1,5 m para o alumnado de secundaria e que naquelas aulas nas que non fora posible se procedería ao desdobre do grupo.

CCOO-Ensino recomenda aos centros que insistan en solicitar os desdobres no caso de ser necesarios. O criterio prioritario a utilizar debe ser a distancia interpersoal de 1,5 m e polo tanto no caso de non poder mantela, débense desdobrar os grupos. No caso de que a administración non autorice os desdobramentos desde CCOO-Ensino pómonos á disposición dos centros educativos para realizar as reclamacións pertinentes.