Unha xuntanza do Consello Escolar de Galicia continuísta e sen apenas aportar novidades no Protocolo COVID

Román Rodriguez , o novo Conselleiro de Educación, na xuntanza celebrada hoxe do Consello Escolar de Galicia opta polo continuísmo na xestión do retorno ás aulas e non modifica o protocolo de adaptación á COVID19 publicado a semana pasada.

Desde CCOO-Ensino lamentamos que non haxa medidas que modifiquen cuestións como o establecemento da distancia interpersoal nas etapas de Infantil e Primaria, a dotación de persoal de limpeza aos centros e non aborda a problemática do persoal e alumnado especialmente sensible.

O Conselleiro só plantexou dúas novidades, como son a creación dun Comite de Expertos e dun Plan de Continxencia para o ensino semipresencial, medidas anunciadas  aos medios de comunicación ainda sen rematar a xuntanza do órgano.

CCOO-Ensino prioriza o ensino presencial, pero non a custe cero tal e como pretende esta Consellería, e continúa a demandar o establecemento das distancias interpersoais en infantil, primaria e especial e o desdobrar das aulas destas etapas ali donde for necesario.

As reivindicacións da comunidade educativa en materia de seguridade dos seus membros non foron tidas en conta por esta Consellerría e lembramos a convocatori de folga para mañán 10 de setembro, que a Consellería boicoteou co establecemento duns servizos mínimos abusivos que impiden o libre exercicio do dereito á folga das e dos traballadores do ensino xa que no persoal non docente é o 100% do persoal quen ten a obriga de servizos mínimos e no profesorado dificúltase ao ter que asistir un docente por aula garantindo así a actividade lectiva ordinaria de todo o alumnado que asista ao centro.