A Consellería permitirá ao profesorado interino e substituto en corentena ou positivo pola COVID19 a toma de posesión do seu destino

Diante da demanda e do escrito presentado por CCOO-Ensino no que solicitabamo artellar un procedemento para permitir a toma de posesión deste profesorado a Conselleria resposta por escrito que permitirá a toma de posesión do profesorado afectado

Publicado o 04 de setembro de 2020

O procedemento que seguirá a Conselleria será o seguinte.

1. O persoal que sexa nomeado interino ou substituto é estea contaxiado polo virus COVID-19 ou estea en corentena por ter contacto directo con persoa positva no COVID-19, deberá comunicalo no momento do chamamento.

2. Estas persoas considerarase que toman posesión e remitrán a documentación pertnente á xefatura territorial correspondente e deberá xestonar a correspondente incapacidade temporal, de conformidade co establecido no artigo quinto do Real Decreto-Lei 6/2020, 10 de marzo, polo que se adoptan determinadas medidas urxentes no ámbito económico e para a protección da saúde pública.

3. A Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos procederá á cobertura automátca das vacantes xeradas por estas incapacidades temporais polo tempo que dure a substtución ou ata que remate a incapacidade temporal.

4. A efectvidade da toma de posesión queda condicionada a que a persoa achegue no prazo máximo de cinco días naturais dende o chamamento o corresponde parte de incapacidade temporal.