Delegadas e delegados de CCOO-Ensino concéntranse diante do Parlamento de Galicia para esixir un ensino presencial seguro

A concentración de Persoas delegadas de CCOO, CIG, STEG e CSI-F tivo lugar durante a investidura de Alberto Núñez Feijoo como presidente da Xunta e está enmarcada diante das accións convocadas contra o Protocolo de adaptación dos centros escolares de Galicia á COVID19. Por un ensino presencial seguro!! #EscolacontraCOVID

 

Publicado o 03 de setembro de 2020

CCOO-Ensino e as outras tres centrais sindicais continúan o seu roteiro cara a folga convocada para os días 10 e 16 de setembro e  animan ao profesorado a seguir amosando estes días nos Claustros e Consellos Escolares o seu rexeitamento a este protocolo, a facer concentracións diante dos seus centros educativos para reivindicar que se tomen medidas efectivas que eviten os contaxios na contorna escolar e fagan da volta á escola unha volta segura.