Proposta de peche para o V convenio da Fundación Diagrama Intervención Psicosocial

Despois de tres anos de negociación por fin temos unha proposta de peche para o V Convenio Colectivo de Fundación Diagrama Intervención Psicosocial a cal recolle varias melloras significativas respecto ao IV Convenio Colectivo. 

Por primeira vez conseguimos aglutinar todos os ámbitos de aplicación aos que se dedica Fundación Diagrama, isto puidémolo facer mediante un Acordo Marco de Relacións Laborais o cal regula materias como prevención de riscos laborais, formación, dereitos sindicais, igualdade e vacantes e promocións.  Velaquí podes ver o resumo da proposta

Publicado o 22 de agosto de 2020