CADP – Convocatoria 2020-21

Publicada a resolución que convoca o CADP para o vindeiro curso. Se queredes consultar algunha dúbida velaquí tedes a orde marco. O prazo de Participación será do 30 de xuño ao 20 de xullo. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do modelo normalizado accesible na sede electrónica da Xunta de Galicia As solicitudes tamén poderán cubrirse na páxina do CADP da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos  e presentarse a traves da sede electrónica.

Velaquí podes ver o noso titorial para facer a instancia de participación e resolver as túas dúbidas.

Podes consultar a localización, as distancias e a xornada dos centros educativos neste mapa interactivo