CCOO esixe ao Ministerio de Educación na Mesa Sectorial do Estado máis recursos e medidas de seguridade e saúde para afrontar a volta ás aulas

O sindicato tamén expuxo as dificultades que poden xurdir coas Ofertas de Emprego Público que se pospuxeron ao ano que vén e que están reguladas polo  RD 84/2018, xa que pode existir un conflito entre estas prazas e as que se queiran sumar a estas, e que estarán reguladas por outra normativa de acceso. Nese sentido, pedimos seguridade xurídica para abordar a situación ao Ministerio de Educación e Formación Profesional.

CCOO-Ensino incidirá mañán na Mesa Sectorial de Galicia na situación dos procedementos selectivos do 2020.

Publicado o 19 de maio de 2020

O sindicato presentou unha batería de propostas na mesa de negociación do persoal docente non universitario celebrada esta mañá entre o Ministerio de Educación e Formación Profesional e as organizacións sindicais representativas do sector. CCOO puxo o foco na obrigación de planificar un inicio de curso no que se garantan as medidas de seguridade e saúde para toda a comunidade educativa. Isto leva consigo non só recursos de protección, senón tamén unha organización distinta e uns criterios claros e consensuados para o ámbito educativo.

Ademais, a Federación de Ensino de CCOO esixiu a incorporación de persoal docente suficiente para poder atender as necesidades educativas derivadas dos meses nos que non se puido impartir educación presencial e poder afrontar o novo curso con reforzos, apoios, desdobres, atendendo as necesidades educativas especiais e de compensación educativa, etc., así como poder seguir as instrucións de seguridade e saúde no que ten que ver coa distancia social.

CCOO tamén expuxo a necesidade de regular o teletraballo no ámbito educativo. O persoal docente está a realizar un gran esforzo para atender ao alumnado e impartir docencia de forma  on- line, con imaxinación e dedicación para superar estas dificultades. A organización e funcionamento dos centros educativos está regulada polas Ordes do 94 e os  RD 82 e 83 de 1996. Nelas inclúese todo o relacionado coa organización do horario, período lectivo, etc., pero non incorporan nada en relación ao traballo  on-line. O Ministerio de Educación, en virtude do art. 149 da Constitución, debe desenvolver normativa sobre como se organiza e que elementos debe ter a regulación dun horario en teletraballo ou un horario mixto.