17 M – Saca as cores á LGTBIQ-fobia

Aínda que se foron conseguindo dereitos con moito esforzo, as persoas LGTBIQ+ quedaron sistematicamente relegadas como resultados de políticas, programas e leis discriminatorias e, sobre todo, pola incapacidade de desafiar actitudes sociais profundamente arraigadas e negativas, que se están a multiplicar e a reproducir de modo sistemático dende unha determinada parte da sociedade.

O profesorado e o alumnado sofre intimidación, acoso e exclusión por ser ou percibirse que son LGTBIQ+. Nun estudo feito recentemente, case o 80 % do alumnado afirmaba ter recibido insultos ou sufrido actitudes LGTBIQ+fobas.

Por iso desde a Federación de Ensino de CCOO queremos reforzar a nosa defensa contra a LGTBIQ+fobia presentando un material para traballar co alumnado de Infantil e Primaria a diversidade e as disidencias en materia de xénero e apostar por unha educación libre de estereotipos sexistas, LGTBIQ+fóbicos,  capacitistas, racistas,  clasistas e hexemónicos.

Da man de  Mermel e a súa cuadrilla, estudantes e persoal docente poderán abordar cuestións de xénero, identidades, roles, violencias, diferenzas, corpos, culturas e etnias variadas, formas de facer e de estar no mundo, capacidades, prevención da violencia e de situacións de acoso entre iguais e o abuso de menores. Incorpora, ademais, elementos sobre o desenvolvemento sostible, a ecolo­xía, os coidados, a crítica ao consumo ou ao propio sistema capitalista ou o desenvolvemento de actitudes de respecto, sempre desde a prevención.

Queres coñecer a Mermel?

Velaquí podes entrar a O mundo raro de Mermel e a todas as propostas de traballo