A CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN EXPÓN AO PERSOAL DOS CENTROS EDUCATIVOS DA PROVINCIA DE OURENSE Á PANDEMIA

A lei de prevención de riscos laborais obriga a administración a convocar as Organizacións Sindicais en todo o que teña que ver coa organización e desenvolvemento das actividades de protección da saúde e prevención dos riscos profesionais.

Ate o día 11 de maio nos centros educativas só estaba un membro do equipo directivo cada día para garantizar a saúde dos mesmos evitando contaxios. No mes de maio incorporouse nalgúns centros o persoal de limpeza que o fixo por turnos e sen coincidir en horarios co resto de persoal incorporado.

O día 11 de maio estaban obrigados a asistir ao centro o persoal administrativo, os conserxes así como os membros do equipo directivo. Nesa data tamén se podería realizar a apertura dos centros educativo co obxeto de restablecer o proceso de admisión do alumnado.

CCOO Ensino denuncia que a incorporación se realizou sen informar aos representantes d@s traballador@s, sen avaliar os postos de traballo, sen establecer protocolos claros de uso de EPI, señalización, ventilación de locais e acceso ao centro educativo do persoal e público en xeral.

CCOO Ensino solicitou o día 7 de maio a convocatoria URXENTE do Comité Intercentros de Seguridade e Saúde no traballo da Consellería de Educación, Universidade e FP (nivel autonómico). Nesa mesma liña se solicitou a convocatoria do comité de seguridade e saúde laboral da provincia de Ourense. A día de hoxe non obtivemos resposta.

Ante o silencio da administración e a gravidade da situación, CCOO Ensino facilitou modelo de solicitude de avaliación de posto de traballo a tod@s @s traballador@as do ensino e interpuxo denuncia ante a inspección de traballo para que obrigue a Consellería de educación a garantizar a seguridade e a saúde dos traballadores e traballadoras do ensino que esta administración esta poñendo en risco.

CCOO Ensino solicita de maneira URXENTE o peche dos centros educativos mentres non se garantice a seguridade e saúde dos traballadores e traballadoras do ensino na nosa provincia.