MESA SECTORIAL 30 de abril - Aprazamento Procesos Selectivos

CCOO demanda á modificación do RD84/2018 para posibilitar a acumulación de prazas da oferta de emprego de 2020 ás prazas do 2021

Publicado o 30 de abril de 2020

CCOO-ensino criticou a xestión erratica que se fixo da convocatoria de oposicións, sen ter unha posición clara por parte da Consellería, usando a convocatoria de modo electoralista e transmitindo mensaxes ao persoal opositor que so facían xerar mais incertidume. A comunicación do aprazamento foi apurada ata o limite, cando os prazos e as recomendacións sanitarias xa non permitían outra decisión.

O primeiro obxectivo desta xuntanza foi a blindaxe da oferta de emprego das 2.036 prazas de ingreso na función pública docente e como segundo obxectivo, e non menos importante, garantir a oferta do ano 2021. 

A proposta da Consellería blinda a oferta do 2020, pero imposibilita a convocatoria de novas prazas no  2021. 

PROPOSTA DE CCOO ENSINO:

Ante esta situación CCOO aportou dúas posibles solucións:

  • Xuntar a actúal oferta do 2020 e a do vindeiro curso celebrándose o proceso selectivo en xuño de 2021. Neste caso sería necesario retrasar o prazo de matrícula, garantindo por un lado que se contabilicen os méritos acadados e tempo traballado ao longo do curso seguinte e dar a posibilidade de presentarse á promoción que titula neste ano. Nesta proposta coincidimos todas as organizacións sindicais. 
  • Celebrar as oposicións do 2020 coincidindo co actividade lectiva do curso 2020/2021 e celebrar as oposicións no mes de xuño de 2021. Esta opción foi rexeitada de plano tanto pola Consellería como polas outras organizacións sindicais. CCOO-ensino era consciente da gran dificultade que tiña esta opción, pero hai que ter en conta que se trataría dunha solución extraordinaria a unha situación moi excepcional, noutro contexto nunca a teríamos proposto. 

A proposta da acumulación ten un problema legal: 

  • Os procesos selectivos de 2020 réxense pola normativa desenvolta no RD 84/2018 que é transitorio e remata con esta. Á oferta de 2021 aplicaríaselle outra norma distinta (RD 276/2007) polo tanto non poderían acumularse nunha mesma convocatoria prazas ás que se lle aplica diferente normativa. 

A Consellería oferta o desestimento da convocatoria, sempre e cando haxa unanimidade das OOSS, podéndose convocar estas prazas coa oferta do 2021 nunha nova convocatoria. 

CCOO-ensino advertimos que non aceptaríamos esta opción porque  deixa na indefinición as 2.036 prazas deste ano, xa que dependería da vontade do goberno galego a súa convocatoria, tanto en número como en especialidades. Incluso, aínda que tivesen a intención de facelo, calquer recorte feito polo goberno central podería impedilo o que suporía, na práctica, a anulación da convocatoria. 

A Consellería respondeu que, se non se produce un desestimento da orde, non vai modificar o prazo de inscrición, mantendo así a súa proposta. 

Todas as organizacións sindicais insistimos na necesidade de solicitar ao Ministerio de Educación e FP a prórroga do RD 84/2018 para permitir a acumulación das prazas e solventar o problema legal que supón esta, dado que estamos diante dunha situación excepcional derivada da pandemia provocada polo COVID19. 

Por todo isto propúxoselle de forma unitaria á Consellería agardar na publicacion da orde, á espera da posible resposta do MEFP prorrogando a vixencia do RD 84/2018. 

A negociación remata co compromiso da Consellería de agardar a ver se se produce algún cambio por parte do Ministerio e, de ser o caso, convocar unha Mesa Sectorial para tratar a acumulación de ofertas, aínda que son excepticos con esa posibilidade. 

CCOO-ensino trasladará ao Ministerio a necesidade da prórroga da normativa que permita acumulación das ofertas.

ver RESUMO INTERVENCIÓN APRAZAMENTO OPOSICIÓNS

ver RESUMO INTERVENCIÓN ROGOS E PREGUNTAS