26 de Abril – Día da Visibilidade Lésbica

‌ ver CAMPAÑA

Desde a Federación de Ensino de CCOO lembramos a necesidade de xerar espazos proclives á vivencia en liberdade das nosas alumnas lesbianas e conseguir protocolos específicos que poñan fin á lesbofobia en contextos escolares.

Moitas das nosas profesoras lesbianas xa deron o paso de ser referentes visibles, poñendo de manifesto
unha vivencia en positivo, transmitindo ás alumnas que ser mulleres lesbianas é un orgullo, unha realidade que ha de atopar o seu espazo para facer da educación un proceso de aprendizaxe a favor das diversidades, a educación
en igualdade e a eliminación das actitudes sexistas e LGTBIQ+ fóbicas.

Moitas das nosas compañeiras doutros sectores educativos tamén decidiron ser visibles e vivir en liberdade. Esta opción política é moi importante para promover un medio laboral libre de prexuízos, discriminacións, invisibilidades, rexeitamento e lesbofobia. Pero aínda somos poucas, necesitamos ser máis.

Por este motivo, animámoste a participar na Campaña pola visibilidade lésbica nos espazos educativos coa seguinte dinámica:

  1. Toma unha imaxe túa, foto ou vídeo e forma coa man a letra L, cos dedos polgar e índice en ángulo recto.
  2. Se gravas un vídeo, podes expresar o que consideres para mostrar a túa visibilidade no teu ámbito, por exemplo, recitando a mensaxe desta campaña: "Muller lesbiana, traballadora (docente, coidadora,
    limpafora…) visible e orgullosa: pola promoción de referentes LGTBIQ nos centros educativos, sé visible". Ou calquera outra cousa que creas acaída.
  3. Súbea ás redes sociais co hashtag #LdeVisible. Menciónanos ou etiquéta-nos en Twitter (@ccooensino @feccoo), Facebook (CCOO-Ensino, Federación de Ensino de CCOO) e Instagram (ccooensino, fe_ ccoo).

Logo recompilaremos as vosas mensaxes para que poidamos velas en todas as nosas canles e nas nosas páxinas web.