Unha xuntanza sen contido e exclusivamente protocolaria para xustificar o diálogo cos axentes sociais

Na intervención da conselleira, de case unha hora de duración, non se deu ningunha información a maiores da trasladada o día anterior na comisión permanente do Parlamento e aos medios de comunicación; a única novidade foi o anuncio da convocatoria dunha Mesa Sectorial a vindeira semana para tratar o tema das oposicións.

Ás organizacións presentes limitóusenos o tempo de intervención a cinco minutos sen dereito a réplica, o que amosa ás claras o desinterese polo que poidamos achegar.

CCOO solicitou:

  • Seriedade e traballo, e que deixen propostas electoralistas xa que a campaña está suspendida.
  • Instrucións que concreten os criterios do teletraballo referidos a: horario de traballo, contidos, actividades, avaliación e que teñan en conta as fendas dixitais, sociais e territoriais. Ademais, reclamamos información oficial da situación do mesmo, porcentaxe alumnado/docente conectado, porcentaxe alumnado/docente desconectado así como as problemáticas das diversas plataformas utilizadas. 
  • Instrucións claras do traballo para desenvolver no 3º trimestre, limitándose estas ao reforzo da materia impartida de modo presencial. A conselleira manifesta que os centros deciden se poden avanzar  materia aínda que esta non sexa avaliable. CCOO considera que isto racha coa equidade e abre máis a fenda educativa, xerando dúas velocidades. As instrucións  deben ser diferenciadas por etapas tendo en conta as ensinanzas de réxime especial, FP, artísticas superiores ou adultos.
  • Instrucións claras e uniformes sobre promoción e titulación, entendendo a repetición como unha medida extraordinaria. Botan balóns fóra na espera das instruccións do Ministerio.
  • Na FP, nós pedimos que se flexibilicen as prácticas e que se poidan realizar máis adiante pero que non se reduza en tal magnitude a proporción do número de horas.
  • Flexibilización curricular, para o próximo ou próximos cursos. Esta tarefa debe ser competencia da Consellería e non debera recaer nos propios centros educativos. No caso da FP, pedimos a flexibilización das prácticas e que se poidan realizar máis adiante pero que non se reduza a proporción do número de horas.
  • Con respecto á ABAU, coincidimos no formato de maior optatividade. Demandamos a preparación dun plan B por se non se poden realizar as probas de forma presencial  con garantías sanitarias.
  • Denunciamos a despreocupación da Consellería de Educación para o seu persoal laboral ante os chamamentos da Consellería de Política Social sen respectar os criterios que esta aplica aos  seus propios traballadores e traballadoras. 
  • Demandamos a cobertura de todas a baixas que se produzan para poder manter a atención adecuado ao alumnado.
  • Con respecto ao proceso selectivo, non desenvolvemos a nosa posición na espera da Mesa Sectorial da semana que vén, pero manifestamos que :
  • Consideramos acaído que tomasen unha decisión, xa que non tiña sentido manter en vilo a todas as persoas opositoras con continuos cambios de criterio.
  • Desde CCOO xa lle trasladaramos as condicións que considerabamos necesarias para poder desenvolver este proceso con garantiías e, xa chegados a mediados de abril, cos datos actuais non era viable insistir en realizalas e non só por unha cuestión de prazos. Non hai garantías sanitarias e non deberiamos ser a única comunidade autónoma que rompe o consenso do resto do Estado podendo provocar un efecto chamada. 
  • CCOO esixe que se blinden as prazas da oferta de 2020 e as da convocatoria do ano 2021.
  • Demandamos a convocatoria do procedemento de acceso a cátedras de Secundaria, EOI e Artes Plásticas e Deseño.