O traspaso do Réxime de Clases Pasivas ao Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións non afecta aos requisitos, prestacións e contías das pensions de Clases Pasivas

A publicación do RDL 15/2020 NON CAMBIA NADA da normativa do Réxime de Clases Pasivas no que se refire aos requisitos, prestacións e contías das pensions. Unicamente traspasa a xestión deste réxime ao outro ministerio

Todas as modificacións normativas contempladas no citado RDL están dirixidas á integración da xestión do sistema de Clases pasivas nas entidades xestoras da Seguridade Social (INSS e Tesorería Xeral da Seguridade Social).

Coa configuración do novo goberno en xaneiro deste ano dedicidiuse a integración da xestión de prestacións do Réxime de Clases Pasivas no novo Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións, saíndo do Ministerio de Facenda no que historicamente se encadrara.

Resulta inadmisible que determinadas organizacións sindicais e medios de comunicación vinculados ás posicións máis conservadoras pretendan confundir aos empregados e empregadas públicos e ao profesorado en particular afirmando que se fulminan por decreto as pensións do réxime de Clases Pasivas. Nunha época na que os bulos e as falsas novas se convirten nun instrumento fundamental para atacar ás institucións, CCOO advirtelles que non todo vale, que coa nosa xubilación no se xoga.

Lembramos que calquera reforma do sistema debe circunscribirse ao debate da comisión parlamentar do Pacto de Toledo

Desde a FECCOO solicitouse aclaracións ao Ministro de Seguridade Social, José Luis Escriva  e este manifestou nas redes sociais " O traspaso da xestión de Clases Pasivas ao Ministerio de Inclusión, Seguridad Social e Migracións estableceuse en xaneiro no  RD 2/2020 e expliqueino no Congreso. O aprobado esta semana simplemente dá cumprimento a ese traspaso e, en ningún caso, supón unha diminución de dereitos para os seus beneficiarios"

 Podedes ter máis información nesta intervención de Carlos Bravo, secretario confederal de Políticas Públicas e Protección Social :