Traballadoras e traballadores especialmente sensibles en relación co COVID-19

O Ministerio de Sanidade definiu como grupos vulnerables para coronavirus as persoas con:

  • diabetes
  • enfermidade cardiovascular (incluída hipertensión)
  • enfermidade hepática crónica
  • enfermidade pulmonar crónica
  • enfermidade renal crónica
  • inmunodeficiencia
  • cancro en fase de tratamento activo
  • embarazo
  • maiores de 60 anos

 

Cando un traballador ou traballadora estea nun destes grupos, deberá ser valorado polo Servizo de Prevención de Riscos Laborais. No caso de que non haxa posibilidade de adaptación do posto de traballo, de protección adecuada que evite o contacto ou de recolocación a outro posto exento de risco, emitirá un informe recomendando pasar á situación de baixa laboral.

A traballadora ou traballador remitirá o informe ao seu MAP, que valorará a emisión do parte de baixa laboral co código Z20.828

PROCEDEMENTO:

Primeiro: se pertences a un deses grupos, debes dispoñer dun informe que certifique a túa situación, feito polo teu médico de atención primaria.

Segundo: debes poñerte en contacto co Servizo de Prevención de Riscos Laborais da Consellería de Educación servizodeprevencion@edu.xunta.es  e achegar o informe médico que certifique a patoloxía e todos os teus datos (nome, DNI, teléfono, correo electrónico, posto, centro). O Servizo de Prevención é o encargado de elaborar un informe que acredite a situación de incapacidade temporal, sempre que:

     – Non exista a posibilidade de adaptación do posto, protección adecuada que evite o contaxio, relocalización noutro posto exento de risco.

     – Unha vez que o Servizo de Prevención resolva que debes pasar a IT, acodes ao médico de atención primaria presentando o informe para a tramitación de baixa temporal.