O Ministerio de Educación e Formación Profesional e o de Universidades e as comunidades autónomas acordan cambios no calendario e nas probas de acceso á Universidade (ABAU)

Tanto o Ministerio como a comunidades autónomas indican, despois da xuntanza da Conferencia Sectorial celebrada hoxe, a dificultade que está a supoñer para o profesorado que imparte clase en 2.º de bacharelato e, en especial, para os estudantes deste curso, a suspensión das clases presenciais por mor da epidemia polo COVID-19.

Por iso, para asegurar que o acceso á Universidade se produce en termos de equidade e xustiza, acordaron, ademais, modificar o modelo e o contido das probas co obxectivo de que o alumnado non se vexa prexudicado por non traballar na clase algún bloque ou bloques de contido dalgunha das materias.

Manifestan tamén que as datas propostas para realizar a  ABAU dependerán da evolución da pandemia, e estableceron que as cualificacións se publiquen antes do 17 de xullo para a convocatoria ordinaria e antes do 18 de setembro no caso da extraordinaria; tamén que a asignación definitiva de prazas non se poderá realizar antes do 25 de setembro.