Non hai decisión conxunta sobre a celebración das oposicións deste ano ao non chegar a acordo entre as comunidades

⚠ Un número importante de conselleiros autonómicos maniféstase a prol da non celebración das oposicións, o que fai dificil o acordo, e mesmo algunha comunidade xa está a anunciar o adiamento.

⚠ CCOO pide calma e tranquilidade diante desta situación, na espera dun acordo, e solicita que se executen os procedementos de dárense as circunstancias tanto sanitarias como de prazos. De non se producir esta situación, entendemos que ten que existir un criterio común en todas as comunidades, pero garantindo que non se perda ningunha praza das convocadas este ano e se engadan ás correspondentes á convocatoria seguinte. 

⚠ CCOO lamentamos ademais que algunha organización sindical se unira á campaña de bulos que proliferan nestes momentos nas redes e difunda novas falsas sobre os acordos da xuntanza neste proceso, nun intento de ser os primeiros en dar a nova e alimentando a incerteza no persoal aspirante.