O Ministerio de Educación e Formación Profesional e as CCAA acordan flexibilizar as prácticas e o calendario escolar para que os estudantes de FP superen o curso

Na xuntanza celebrada hoxe da Comisión de FP previa á Conferencia Sectorial, tomáronse os seguintes acordos referidos á finalización das actividades lectivas do alumando que cursa Formación Profesional e ás prácticas nas empresas.

O  MEFP e as comunidades autónomas acordaron flexibilizar as prácticas no centro de traballo para superar o curso, ampliando o período establecido no calendario escolar. Esta medida extraordinaria deberá ser coordinada coas datas de celebración da Evau para permitir que todos os estudantes que así o desexen poidan presentarse á proba de acceso á Universidade.  

A duración da FCT limítase de maneira excepcional ás horas mínimas recollidas na normativa básica, é dicir, 220 horas. Así mesmo, integrarase de forma excepcional o módulo de FCT cun módulo de proxecto para que se poidan abordar os obxectivos asociados ao ámbito laboral. Esta medida afectará tanto á FP básica, como á de grao medio e grao superior. 

Así mesmo, en relación coas probas de acceso á FP de grao medio ou superior para quen non conte cos requisitos académicos de acceso a estes ensinos, acordouse pospoñelas o que for necesario, chegando mesmo á primeira quincena de xullo.