PROCEDEMENTO QUE HAN SEGUIR AS TRABALLADORAS E TRABALLADORES DO ENSINO PRIVADO POLO PECHE DE CENTROS POLO COVID-19

Procedemento en caso de incumprimento do peche total dos centros

Naqueles centros educativos que establezan calquera permanencia no centro docente, xa sexa do persoal directivo, persoal docente e non docente, delegados e delegadas de  persoal, comité de empresa ou calquera  traballador/a deberá denunciar  tal  situación ante o Ministerio do Interior ou ás súas delegacións para que faga  cumprir a normativa establecida polo Goberno para o estado de alarma. 

 

  1. O luns a primeira hora, as delegadas e delegados de persoal poranse en contacto cos centros para indagar se están abertos ou van abrir. 
  2.  Se for ese o caso, comunicarán á titularidade do centro, mediante correo‐e ou whatsapp, a improcedencia da apertura dado que contravén o establecido no Real decreto 463/2020, do 14 de marzo. 
  3. Se persistisen en  mantelo aberto, cursarase denuncia perante o Ministerio de Interior e Inspección de traballo. Facilitarase modelo de denuncia. 

CCOO apelamos á responsabilidade e colaboración de toda a comunidade educativa na loita contra a  propagación da pandemia.