URXENTE: CCOO ensino interpreta que as traballadoras e traballadores do ensino non teñen que acudir aos centros educativos

TRAS OS ANUNCIOS TANTO DO PRESIDENTE DO GOBERNO, COA DECLARACIÓN DO ESTADO DE ALARMA, COMA DO PRESIDENTE FEIJÓO, DE PECHE DE TODOS OS ESTABLECEMENTOS QUE NON SEXAN DE ALIMENTACIÓN, FARMACIA, ESTANCOS OU GASOLINEIRAS, CCOO ENSINO INTERPRETA QUE AS TRABALLADORAS E TRABALLADORES DO ENSINO NON TEÑEN QUE ACUDIR AOS CENTROS EDUCATIVOS.

Esta novas deixan en evidencia á Consellería de Educación, que onte non quixo recibir os representantes de CCOO e outras organización sindicais, e na que prentendiamos aclarar as instrucións enviadas aos centros e a non obrigatoriedade de acudir aos postos de traballo pola lóxica sanitaria. (VER O QUE ACONTECEU ONTE NA CONSELLERÍA)

Para CCOO Ensino é lamentable que a conselleira nin sequera nos recibise e amenazara con desaloxo pola Policía cando as organización sindicais xa advertiamos que non se estaba tendo en consideración a gravidade da situación con instrucións estériles e non aclaratorias.

Por iso esiximos á Consellería que envíe de xeito inmediato, por correo electrónico, sms ou o medio que estime oportuno, unha aclaración, tanto ao profesorado como ao resto do persoal dos centros educativos, de que non acudan a eles como medida preventiva de saúde.

De non ser así, CCOO Ensino insta os equipos directivos a que avisen decontado os traballadores e traballadoras do seu centro, PARA QUE NON ACUDAN AOS CENTROS EDUCATIVOS, xa que todas as autoridades sanitarias advirten de que se debe evitar sexa como for tanto os contactos coma os desprazamentos.

Por último, desde CCOO Ensino lembramos a toda a comunidade educativa que se sigan de maneira estrita as indicacións das autoridades sanitarias. Facilitamos ligazón coa información ao respecto: