A Plataforma Galega en defensa da Universidade Pública convoca concentracións en todos os campus de Galicia

Serán o martes, 11 de febreiro de forma simultánea ás 11 horas nos sete campus galegos

Despois de que non houbera marcha atrás no proxecto de creación da primeira universidade privada da man de Abanca comezan as primeiras mobilizacións da Plataforma galega en defensa da universidade pública na que esta integrada CCOO ás que está convocada toda a comunidade educativa e toda a sociedade galega.

 ver CARTAZ

Publicado o 09 de febreiro de 2020

As concentracións serán nos seguintes lugares: 

Santiago - Reitoría da USC .Praza do Obradoiro.

Lugo - Biblioteca Intercentros . R/Bernardino Pardo Ouro.

A Coruña - Facultade de Informática .Campus Universitario de Elviña.

Ferrol - Vicerreitoría Ferrol. Rúa Doutor Vázquez Cabrera.

Vigo - Reitoría da UVigo CUVI. As Lagoas, Marcosende.

Pontevedra - Facultade de Ciencias Sociais. Campus Universitario da Xunqueira.

Ourense - Facultades de CC. Educación e de Historia. Campus As Lagoas, Edificio de Ferro.