MESA SECTORIAL 4 DE FEBREIRO

Nesta mesa sectorial, tratouse a orde das comisións de servizo por motivo de saúde e varios currículos de FP. Tamén houbo turno de rogos e preguntas. 

Publicado o 04 de febreiro de 2020

Tratáronse os seguintes temas:

 

 A continuación podes ler a nosa intervención na mesa sectorial en cada punto da orde do día:

Cuestión PREVIA á Mesa:

Insistimos na necesidade da negociación da volta ás 18 horas lectivas en corpos de secundaria e a 21 horas lectivas no corpo de mestres, tal e como establece o acordo sindical de cadros de persoal e horarios de 2007. Diante da rotunda negativa da Administración, advertimos que continuaremos as mobilizacións por esta causa.

1. Curriculos de FP :

  • Técnico de estruturas de madeira e moblaxe de embarcacións de recreo Técnico de comercialización de produtos alimentarios
  • Técnico Superior en vestiario a medida e espectáculos
  • Técnico Superior en mantemento aeromecánico de avións con motor de turbina

Para CCOO é imprescindible:

  • Redución das rateos en todos os grupos .
  • Desdobres de módulos formativos que así o precisen por falta de recursos, atención ao alumnado, ou polas súas características de prevención e seguridade.
  • A modificación da duración e desenvolvemento do módulo de Proxecto nos ciclos Superiores evitando a súa coincidencia co módulo de FCT.
  • Introdución de obxectivos concretos para o desenvolvemento dos aspectos da lei 2/2014 de visibilidade e non discriminación do colectivo LGBTI.
  • Valoramos positivamente o feito de introducir a referencia ás persoas transxenero, pero coa redacción dada invisibilizanse outros colectivos como o bisexual e lésbico ao incluílos dentro da denominación xenérica de homosexual que claramente é identificada co xénero masculino, evitando así as interseccionalidades existentes.
  • Inclusión de obxectivos concretos contra a violencia de xénero.
  • O módulo profesional de lingua estranxeira debe ser impartido polo profesorado especialista de idiomas.

2. Orde Comisións de servizo por motivo de saúde

Para CCOO débense introducir e modificar na orde as seguintes cuestións:

  • Manter a distancia de 50km para o destino definitivo (ACEPTADO)
  • Introducir o requisito de solicitar no CXT anterior vacante na mesma localidade (independetemente dos centros), na que solicita a comisión de saúde, non de todos os situados nun radio de 20 Km. (ACEPTADO)
  • Valoramos positivamente o cambio que implica non ter que achegar as probas médicas sendo suficiente co informe médico preceptivo.
  • Manter no caso das comisións por saúde dun familiar o informe da traballadora social en tanto que é quen pode definir quen é o coidador real da persoa enferma. (ACEPTASE QUE SE POIDA PRESENTAR ESTA DOCUMENTACIÓN PERO NON SERÁ REQUISITO)
  • Inclusión das causas sobrevidas unha vez iniciado o curso
  • Valoramos positivamente a incorporación do persoal laboral docente.
  • Incorporar os centros específicos de EE como non obrigatorios na solicitude. (REXEITADO)
  • O cambio de posto no propio centro non pode facerse sen pasar pola comisión técnica (ACEPTADO)

3. Rogos e preguntas

  • Demandamos a inmediata presentación da orde de convocatoria do proceso selec/vo. ( Traerán á mesa sectorial o vindeiro 18 febrero)
  • Demandamos a publicación inmediata das listaxes defini/vas de interinidades e subs/tucións do corpo de mestres. ( As publicarán nesta semana)
  • Esiximos, igualmente, a corrección inmediata de erros flagrantes de ordenación das listas de orientación de mestres . (Respostan que estan pendentes de resolución)
  • Instamos a DX a que nas reclamación sobre a oferta de vacantes de CXT que presentemos ante a ac/tude dalgunhas xefaturas territoriais, en especial Pontevedra, se ateñan ao acordo de plan/llas de 2007 no caso do corpo de Mestres e que nas vacantes de secundaria se respecten os criterios establecidos na acta da mesa técnica do curso pasado. (Resolverán as reclamación de acordo aos criterios da acta pero non en comisión)
  • Preguntamos polo recoñecemento e incorporación para o baremo do CXT do tempo recoñecido de vacacións a afectos administra/vos por cada subs/tución. (Non o van a ter para este concurso)
  • Esiximos o cumprimento da disposición 18 do acordo de interinos, sobre o pago do verán a profesorado subs/tuto con nomeamentos superiores a 5 meses e medio, incluído mediante addenda en 2006 asinada por CCOO, ANPE e CSIF. (Non Aceptado)
  • Demandamos que se acometa a equiparación salarial do profesorado técnico de FP con profesorado de Ensino Secundario. (Non Aceptado)
  • Demandamos o cumprimento do acordo de agrupamentos de 2009 asinado por todas as OOSS da mesa sectorial agás a CIG. (Non Aceptado)
  • Consideramos necesario abordar a negociación dunha redución de rateos máximas por unidade escolar. (Non Aceptado)
  • Demandamos á Consellería de Educación resposta á reclamación presentada por CCOO con respecto á campaña de Hazte Oír nos centros educa/vos galegos. Demandamos unha posicion clara contra inicia/vas de incorporación de ideoloxía de extrema dereita no ensino público, como o “veto parental”. (Excúsanse diante de declaracións públicas da Conselleira públicas pero non farán declaración institucional)