CCOO considerada positivos os acordos en educación e insta o futuro goberno a acometer de maneira inmediata e negociada as reformas necesarias

CCOO-Ensino considera positivo o tratamento que a educación recibe no novo acordo para España da Coalición Progresista PSOE e Unidas Podemos, aínda que insta o futuro goberno a activar con urxencia os mecanismos necesarios para conseguir os obxectivos marcados no devandito documento. Para iso, coidamos imprescindible a convocatoria inmediata, unha vez constituído o novo goberno, das mesas de traballo coas organizacións sindicais representativas dos traballadores e as traballadoras do ensino, así como os contactos necesarios coa comunidade educativa, de tal maneira que as novas políticas que han de construír o futuro escenario sexan produto do acordo e non se realicen ás costas da comunidade educativa.

É imprescindible e urxente derrogar a LOMCE, reverter os recortes no financiamento e nos dereitos sociais e laborais dos traballadores e as traballadoras do ensino, reforzar a atención á diversidade, a coeducación e a educación afectivo-sexual e dignificar e potenciar a formación profesional e derrogar as lesivas políticas no eido universitario aplicadas polos gobernos do Partido Popular.

CCOO-Ensino estará alerta e vixiante para que o novo goberno cumpra os obxectivos marcados no acordo programático e seguira a loitar pola súa concreción e avanzando para conseguir un ensino de calidade, democrático, participativo, equitativo, laico, coeducativo e que respecte a diversidade.