25 N - Tanto ten como o mires, é cousa de todas e todos. Di non á violencia de Xénero

 

 CCOO neste 25 N, reitera o seu rotundo e total rexeitamento ás violencias contra as mulleres, a expresión máis dramática e cruel das desigualdades materiais e culturais que persisten, dirixidas a atacar a liberdade, a seguridade, a autonomía das mulleres e a mantelas nunha inxusta situación de inferioridade.


 CCOO denuncia o continuo agravamento dos factores estruturais, que son o caldo de cultivo das violencias machistas: a  feminización da pobreza, o desemprego e a precariedade laboral, xunto á ausencia dunha política de educación para a igualdade e a corresponsabilidade, e a insuficiencia de políticas activas de igualdade e de recursos suficientes e proporcionados para a prevención, protección e atención ás vítimas. Todos eles, factores que contribúen a aumentar as situacións de exposición ao risco, vulnerabilidade e dependencia de moitas mulleres.

 

 ver MOBILIZACIÓNS 25N

Publicado o 25 de novembro de 2019