6 de NOVEMBRO – Xuntanza coa Conselleira de Educación para reclamar a negociación da recuperación do horario lectivo do profesorado galego

Tras a solicitude feita no mes de outubro para manter unha xuntanza na que se iniciaran as negociacóns para recuperar o horario lectivo de 18h en Secundaria e 21h en Primaria e a falta de resposta por parte da Conselleira, as catro OOSS con presenza na Mesa Sectorial pechámonos o pasado día 30 de outubro nas dependencias da Consellería para esixir a apertura de negociación neste tema.

Como consecuencia desta acción a Conselleira viuse obrigada a recibirnos nunha xuntanza que terá lugar mañá, mercores pola tarde.

O obxectivo é a recuperación do horario lectivo anterior a 2012, desta forma en Secundaria debe reducirse a 18 horas lectivas e en Primaria a 21 horas tal e como recolle o Acordo de 8 de xuño de 2007.