Asinado o VIII Convenio de universidades privadas, centros universitarios privados e centros de formación de posgrao

O 24 de xullo, a Federación de Ensino CCOO asinou, xunto co resto de organizacións sindicais e de empresarios do sector, o VIII Convenio de universidades privadas, centros universitarios e centros de formación de posgrao.

O traballo realizado pola Secretaría de Servizos Privados e Socioeducativos permitiu regular as condicións de traballo dos traballadores que imparten docencia en universidades en liña.  Así mesmo, mellorouse o texto relacionado coa xornada laboral e os permisos retribuídos;  regulouse unha nova clasificación profesional, máis acorde cos tempos;  o novo texto do acordo adaptouse á lexislación laboral vixente e fixéronse melloras significativas en temas de igualdade.

En canto ás retribucións, pechamos un acordo que actualiza as táboas salariais desde 2018, con incrementos do 2% para 2018, 2019 e 2020 e do 1,5% para 2021, revisable segundo a evolución do IPC.