CCOO RECLAMA POLÍTICAS DE NATALIDADE E EMPREGO TRAS UNHA DECADA DE PRECARIEDADE NO ENSINO

 ESTUDO DOS CATÁLOGOS NA PROVINCIA DE OURENSE

 INFORME ENSINANZAS SECUNDARIA E POSTOBRIGATORIAS NON UNIVERSITARIAS

 

INICIO DE CURSO

PRIMARIA

Alumnado

 

O alumnado mantense lineal pero con tendencia a baixa (200 alumnos mais no período 2009 – 2019) tras o pico acadado no ano 2013. CCOO Ensino leva denunciando anos que son precisas propostas para aumentar a natalidade e políticas de emprego que den aire ao noso rural e lle permita ter viabilidade a medio e longo prazo..

 

Aulas

Pola contra, o número de aulas na provincia sufre un goteo constante de peches dende o comezo da crise. Dende 2009 pecharon 7 colexios e reducíronse un total de 60 aulas na provincia (O 10% das aulas). O último colexio en pechar a EEI de Solbeira no curso 18-19. No presente curso 19-20 o balance xeral e de 2 unidades menos de infantil.

 

Profesorado

Como consecuencia evidente do peche de aulas prodúcese a supresión de postos de traballo, mais dun 8% dende o 2009. Especialmente 

catastrófico foi o ano 2012 coa perda de 69 postos (6% do postos de catálogo). A perda de postos de traballo no período 2009-2019 foi dun total de 97. 

 

No curso 19-20 os datos son similares ao curso 18-19 con tres matices importantes:

 

  1. Modificación das modalidades de profesorado de atención a diversidade recollidos no catálogo (aparecen Audición e Linguaxe e Pedagoxía Terapeutica no formato de compartidos con outros centros), que permite que o balance xeral sexa de 6 docentes mais para o curso actual.
  2. Que se non temos en conta o exposto no punto 1 o balance é de 2 docentes menos.
  3. Que a especialidade de infantil perdeu o 2% do seu profesorado de catálogo nos cursos 18-19 e 19-20, dato que encende todas as alarmas e precisa de medidas urxentes no rural como xa indicamos.   

 

En canto o profesorado precario, destacar que as dúas últimas ofertas de emprego 2018 e 2019 xa están a empezar a notarse nas adxudicacións de profesorado reducindo a taxa de interinidade lixeiramente respecto o ano 2016, situandose a taxa de interinidade en infantil e primaria no ano 2019 en torno o 8%. O número de novos funcionarios na provincia tras a última oposición aumentou nun 4%. Estas melloras que reducen a taxa de interinidade e aumentan o número de profesorado funcionario de carreira son fruto de dous acordos acadados por esta organización durante o ano 2017 coa administración:

 

1.- Xuño 2017: Acordo de interinos que garante que a taxa máxima de interinos debe estar no 5%.

2.-  Outubro 2017: Plan de emprego de Galicia onde se acorda reducir a taxa de interinidade ate o 5% mediante amplas ofertas de emprego público no período 2018-2020.   

 

O respecto das itinerancias e afinidade do profesorado redúcense as itinerancias nun 3% do 16% ao 13% (nos dous últimos cursos reducíronse nún 5%) e mantéñense as afinidades no 24% dos adxudicados, similar ao curso 18-19.

CCOO Ensino levava anos denunciando o exceso de itinerancias e en concreto no profesorado que atende a alumnado con necesidades educativas especiais. Está claro, que a administración tomou nota e aumentou o profesorado de necesidades educativas especiais reducindo o numero de docentes con mais dun centro a itinerar o que redunda na mellora da calidade do ensino. A pesar desta notable mellora CCOO Ensino seguirá traballando para reducir as itinerancias e afinidade de maneira drástica naqueles docentes que traballan con rapaces con necesidades educativas.

PROFESORADO DE ORIENTACIÓN

CCOO Ensino denuncia o cambio de criterios da administración na elaboración das listas de orientación do profesorado interino, que actualmente pasan a ser os de antigüedade en calquera lista de contratación e ter a titulación esixida. CCOO Ensino entende que a reordenación da lista debe facerse tendo en conta a experiencia adquirida na especialidade de orientación.

 

HORARIOS CENTROS DE INFANTIL E PRIMARIA

No curso 18-19 nos atopamos con centros que no mes de xuño comezarían con xornada única e en setembro tiveron que voltar o horario vello pola nefasta xestión da administración educativa (por exemplo o CEIP de Cualedro).

Neste punto cabe destacar a boa labor da Consellería de infraestruturas e mobilidade que en dous anos solucionou o problema da maioria dos centros que solicitaron xornada única derivado da incompatibilidade do transporte escolar. 

A teor dos datos expostos as conclusións son as seguintes:

O peche das aulas de infantil condea a curto prazo a eses CEIP. CCOO Ensino leva anos denunciando que a consellería está a deixar morrer os nosos pobos e vilas, política que está a afectar gravemente a provincia de Ourense o ser o rural un dos nosos maiores valores. CCOO Ensino lembra que a perda dos colexios nos nosos pobos é o comezo da perda do municipio e solicita que as administracións non teñan unha visión cortoplacista que non vai mais alá das seguintes citas electorais.

CCOO Ensino Ourense considera que os datos o longo do período 2009-2019 deixan en evidencia as intencións do goberno do PP, así como o modus operandi no peche de aulas e centros, primeiro deteriora o servizo eliminando aulas só atendendo a ratios e cando o deterioro e tal que o centro non é sostible procede o desmantelamento mediante a xustificación da non viabilidade. Dende CCOO Ensino entendemos que anterior o peche dunha aula, debe existir unha valoración que permita identificar cales son os motivos e ver cal ou cales son as mellores solucións.

CCOO Ensino  solicita, que a modificación do catálogo anual se estableza dentro dunha negociación coas OOSS que garanta un ensino de calidade cunha adecuada distribución de aulas e RRHH atendendo a criterios pedagóxicos, socio-económicos e culturais, tendo como punto de partida o acordo de agrupamentos asinado no ano 2009.

 

SECUNDARIA

Alumnado

  • ESO E BACHARELATO: O número de alumnos evoluciona linealmente dende o ano 2009. No curso 2018-2019 o alumnado da ESO reduciuse voltando a datos do curso 13-14 e no bacharelato prodúcese unha caida maior (17% no período 2009-2019) derivada do paso de alumnado a outras ensinanzas postobrigatorias en especial dende a implantación da LOMCE.
  • FP: dende o ano 2009, estas ensinanzas sufrirón un crecemento exponencial do 133%. No curso 2018-2019 mantense estable a matrícula cun leve aumento.
  • FP BÁSICA: Destacar a escasa oferta formativa tendo en conta que preto do 20% do alumando elixe a FP Básica para finalizar as ensinanzas obrigatorias. Non debemos olvidar que a FPB é a única vía de escape para o alumnado que non vai ser capaz de superar 4º ESO pola modalidade ordinaria. Estas ensinanzas aumentan un 4% a súa matrícula respecto o curso 15-16. 

Unhas ensinanzas que a teor da LOMCE, deberían sufrir un aumento do alumnado non o están a facer debido á mala planificación da oferta.  CCOO Ensino considera inaceptable que no oriente ourensán o alumnado só poida escoller entre mantemento de vehículos, electricidade e informática.

CCOO Ensino denuncia que moitos destes ciclos formativos non poden iniciarse o non acadar o mínimo de 5 alumnos marcado pola consellería e insta a administración a reducir ese ratio mínimo que permita a creación de ciclos de FPB con menos alumnado e evite así o fracaso escolar de moitos alumnos do rural.

CCOO Ensino insta a administración a facilitar a implantación de ciclos formativos no rural. Resulta inconcebible casos como o do IES Cosme Lopez da Rúa que tiña no mes de xuño de 18 alumnose a infrastrutura necesaria para comezar o ciclo medio de Sistemas Microinformáticos e Redes e a administración se negara a súa creación.

EOI:  A deixadez e falta de estímulos por parte da administración de ensinanzas como as de idiomas tan ligadas a dispoñibilidade laboral do alumnado deixa as escolas de idiomas en valores de alumnado por debaixo do ano 2009.

  • ADULTOS: ESO e Bacharelato están en mínimos históricos mentres que as ensinanzas de FP seguen a súa escalada con poucos cambios con respecto o curso pasado. Ensinanzas on-line como a FP de grao medio están en máximos no curso 18-19

Profesorado

Dende CCOO Ensino Ourense, denunciamos un ano mais a opacidade na publicacións dos datos de profesorado, que dende o ano 2013 descoñecemos. 

Tras o acordo de emprego do ano 2017 e as oposicións dos anos 2018 e 2019 a taxa de interinidade sitúase no 15%, moi lexos do 5% marcado no acordo. 

O 29% do profesorado ten afinidade un 2% mais que o curso pasado (imparte materias das que non é especialista)

Tendo en conta os datos as conclusións nas ensinanzas de secundaria, FP e outras son as seguintes:

CCOO Ensino denuncia, a escasa oferta na FP Básica.

CCOO Ensino lembra que as ensinanzas de FP Básica son de oferta obrigatoria e que a consellería debe ofrecer alternativas reais o alumnado que curse a FP Básica.  O feito de engadir unha soa proposta de FP Básica en Viana do Bolo no curso 16/17 o consideramos unha burla tendo en conta, que o ciclo de informática de oficina xa existe na Rúa e que nunha comarca como a de Valdeorras, Viana e Trives os alumnos só poden optar por electricidade e electrónica (Trives), mantemento de vehículos (O Barco) e informática de oficina (Viana e A Rúa).  

Esta maneira de actuar non ven máis que a constatar a hipocresía da Consellería de Educación na súa "aposta pola FP", unhas ensinanzas que tiñan un crecemento exponencial nos últimos anos e que coa xestión nefasta da administración que debe escoitar os datos que se expoñen e abordar as necesidades destas ensinanzas en función do que require a sociedade tendo en conta os cambios no mercado laboral ou simplemente que garanticen a continuidade nos estudos do alumnado evitando o fracaso escolar nos mesmos.

CCOO Ensino Ourense, denuncia o incremento con respecto ao curso 18-19 do profesorado con afins de outros corpos (Docentes de secundaria con afins de técnicos de FP e técnicos de FP con afins secundaria). 

Por todo isto, CCOO Ensino Ourense, segue a reclamar un cambio nas políticas educativas que non atendan a criterios economicistas, senon que teñan como piares básicos a equidade e a igualdade garantindo un ensino público de calidade.

 

INFRAESTRUTURAS:

 

CEIP CONDESA DE FENOSA: 

CCOO Ensino denuncia un despropósito na planificación destas obras de calado do centro que non permitiu traballar de maneira adecuada ao profesorado dende que comezou o curso (ruído, suciedade, material de obra polo chan, etc). Incumprimentos da lei de prevención de riscos laborais tolerados pola propia administración e que poñen en risco a seguridade dos traballadores docentes e non docentes.

CCOO Ensino pon de manifesto a labor dos traballadores do centro que colocaron mobiliario e limparon o centro para que todo estivera disposto o día de inicio de curso a pesar de que o centro segue en obras.

CEIP JULIO GURRIARAN: 

Caso a parte merece que a Conselleira viñera inaugurar no verán as obras dun pabillón que se leva reclamando e prometendo anos. CCOO Ensino considera que a Conselleira debería desculparse públicamente por vir a rirse de toda a comunidade educativa.