Procedemento de comunicación dos partes de incapacidade temporal (IT)

‌ Procedemento:

Entrar na aplicación informática:  https://www.edu.xunta.es/datospersoais

Lembrarvos que a ela accededes coa vosa conta de correo edu.xunta.es e o voso contrasinal

Accedendo á dita aplicación o/a traballador/a cubrirá os datos que alí se lle indican e anexará dixitalizado o parte de baixa, confirmación ou alta nos seguintes prazos

  • Parte médico de baixa por incapacidade temporal: no prazo de tres días contados a partir da data de expedición do parte.
  • Parte médico de confirmación da baixa: no prazo de tres días contados a partir da data de expedición do parte.
  • Parte médico de alta: no prazo das 24 horas seguintes a súa expedición

Non se remitirá ningún orixinal destes partes ao centro educativo así como tampouco ás xefaturas territoriais nin aos servizos centrais.