CCOO RENOVA A TOTALIDADE DO COMITÉ DE EMPRESA NO COLEXIO MANUEL PELETEIRO

Publicado o 27 de maio de 2019

 O compromiso e dedicación dos nove compañeiros do comité de empresa e o traballo desenvolvido por CCOO no sector permitíronnos gañar novamente a súa confianza.  

CCOO non imos defraudar a súa confianza e seguiremos traballando con intensidade e implicación na defensa das mellores condicións sociolaborais para todas as persoas que traballan no sector. Así o puxemos de manifesto na negociación do X convenio. Como xa informamos no seu día, non o asinamos e, ademais, impugnamos na vía xudicial algúns dos seus artigos por entendermos que vulneraban dereitos dos traballadores/as.