REXISTRO DE XORNADA

Base legal
Real Decreto-lei 8/2019, de 8 de marzo de medidas urxentes de protección social e de loita contra a precariedade laboral na xornada de traballo
¿Cando comeza a ter efecto o RD?
Dous meses despois da súa publicación no BOE; é dicir ata o 12 de maio de 2019
Repercusión no Estatuto dos Traballadores
Modifica o art. 34
A quen lle afecta
O RDL de 2/2015, de 23 de outubro xa establecía a obrigatoriedade de rexistro das horas extraordinarias e das xornada dos traballadores/as a tempo parcial; agora Real Decreto-lei 8/2019 extende esa obriga a practica totalidade dos traballadores ((comerciais, transporte e outras actividades… análogas quedan pendientes)
Obrigas que establece
- A empresa está obrigada a garantir o rexistro diario da xornada no que ten que constar o comezo e fin da mesma, sen prexuizo da flexibilidade horaria que se estableza
- Os rexistros de xornada deberán conservarse durante 4 anos
- Os rexistros deben estar ao dispor de inspección de traballo, representantes legais dos traballadores e dos propios traballadores.
- Todas as empresa deberán instalar procedementos de rexistro de xornada fiable e obxectivo (sen que se estableza un modelo oficial. A natureza dos mesmos poderá ser manual, analóxica ou dixital)
- A maneira na que se organiza, e documenta o rexistro da xornada deberá levarse a cabo mediante:
- Negociación colectiva
- Acordo de empresa coa representación dos traballadores
- Por decisión do empresario tras consulta cos representantes dos traballadores
- Os representantes dos traballadores deberán recibir información sobre os rexistros de xornada
Infraccións
- Non levar o rexistro de xornada será considerada infracción grave con múlta de ata 6.250€ contemplada no art 7.5 da Ley sobre Infracións e Sancións na Orde Social (LISOS)
- Non rexistrar as horas extraordinarias ou apreciar a existencia de prolongación de xornada
- Acreditar a realización de horas extras e non acreditar o seu pagamento
- Abono irregular das horas extras non facendoo constar na nómina.
- Encubrir a realización das horas extras baixo outros conceptos salariais.
- Non comunicar aos representantes dos traballadores a realización de horas extras.
En xeral toda “A transgresión das normas e os límites legais ou pactados en materia de xornada, traballo nocturno, horas extraordinarias, horas complementarias, descansos, vacacións, permisos, rexistro de xornada e, en xeral, o tempo de traballo a que se refiren os artigos 12, 23 e 34 a 38 do Estatuto dos Traballadores.