Charlas na Universidade sobre as oposicións ao ensino (2019)

As charlas informativas, que terán lugar en todos os campus galegos durante o mes de marzo, buscan explicar ao alumnado interesado o sistema de acceso á función pública docente. Por outra banda, informarase sobre o Acordo pola Mellora do Emprego Público que CCOO asinou en Madrid e grazas ao cal estamos tendo amplas convocatorias de oposicións nos anos 2018, 2019 e 2020, unha oportunidade que CCOO anima a aproveitar.

As persoas delegadas de CCOO-Ensino realizarán as charlas entre o 25 e 27 de marzo co seguinte calendario:

SANTIAGO27/0311:45 hsSalón Actos Facultade de CC da Educación, campus norte
A CORUÑA26/0312 hsSalón de Graos da Facultade de CC da Educación
LUGO27/0312 hsSalón de Actos Facultade CC Educación
VIGO25/0312 hsSalón Graos Facultade CC Económicas
OURENSE25/0312 hsSalón de Actos Facultade CC Educación
PONTEVEDRA26/0312 hsSalon de Graos Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación

 

 DESCARGA AQUÍ A GUÍA DE PREGUNTAS E RESPOSTAS SOBRE AS OPOSICIÓNS

 DESCARGA AQUÍ A REVISTA INFÓRMATE SOBRE AS OPOSICIÓNS 2019

DESCARGA AQUÍ O TITORIAL PARA REALIZAR A INSCRICIÓN