FUNDACIÓN DIAGRAMA

1. Xuízo na audiencia nacional pola reclamación do IPC: Hoxe 30 de xaneiro tivo lugar o xuízo tras a demanda que interpuxemos na audiencia nacional pola decisión de Fundación de non pagarnos as cantidades debidas correspondente ao IPC de 2017 e 2018. En canto teñamos a sentenza farémosvola chegar.

2. Continuamos as mobilizacións: Hoxe tamén aprobamos o calendario de mobilizacións e actuacións que imos desenvolver nos próximos meses se Fundación mantén a política de ignorar aos seus traballadores coa paralización da negociación do convenio colectivo e utilizar o diñeiro que legalmente nos corresponde para os seus intereses empresariais. Xa vos iremos informando puntualmente as accións, hora e lugar de realización, aínda que vos adiantamos que imos elevar o ton das protestas mantendo durante os meses de febreiro e marzo acciones coordinadas en distintos territorios.

3. Próximas actuacións xudiciais: Son varios os asuntos en que Fundación, co ánimo de torpedear a negociación, está a incumprir o convenio colectivo e os acordos asinados tales como o incumprimento do procedemento de vacantes, a debida comunicación aos representantes dos traballadores da apertura de novos centros e traslados de traballadores, os calendarios laborais, etc. Noutros momentos, cando Fundación prestábase a falar, negociar e acordar estiramos ata o límite a nosa disposición para lograr acordos a pesar da súa actitude  displicente. Pero vendo como están a actuar ultimamente non nos queda outra que ir presentando demandas xudiciais para que se respecten os nosos dereitos. Na mesma liña prepotente,  abusadora e ditatorial son as comunicacións individuais que están a tentar obrigar que lles asinen os compañeiros de Madrid, Canarias e Andalucía renunciando aos seus dereitos pola suposta obrigación de aplicación do convenio sectorial. Foron moi  ruines os comunicados na prensa e circulares internas onde, aínda por riba, afirman que “é necesaria e beneficia aos traballadores e que supoñerían incrementos salariais para os traballadores”. Respecto a isto último estamos a analizar a mellor forma xurídica para abordalo, pero non vos caiba dúbida de que este asunto será dirimido en sede xudicial.

4. Folga 8 de marzo. Ante as opcións que tiñamos de fronte a convocatoria de paros ou folga xeral para o próximo 8 de marzo o Comité Intercentros decidiu dar cobertura de 24 horas (folga xeral) en defensa das reivindicacións do Día Internacional da Muller.