Instrucións voto por correo

  • COMO EMITO O VOTO POR CORREO?

Cando algún elector ou electora prevexa que na data de votación non se atopará no lugar que lle corresponda exercer o seu voto, poderá emitilo por correo, logo de llo comunicar á Mesa Coordinadora Provincial.

Esta comunicación deberá facela a partir do día seguinte á convocatoria electoral, e ata cinco días antes da data en que se efectúe a votación. A recomendación é facelo canto antes se poida, despois de proclamado o censo definitivo.

  • COMO PIDO O VOTO POR CORREO?

Presenta a solicitude (modelo que enviou a Mesa coordinadora ao teu centro) nunha oficina de correos, en sobre aberto, para ser datada e selada polo persoal funcionario (queda cunha copia). 

Pedirache a presentación do DNI co fin de comprobar os teus datos persoais e a coincidencia da sinatura en ambos os documentos. O envío debe ser certificado.

  • A ONDE ENVÍO A PETICIÓN?

A petición do voto por correo diríxese a:

Mesa Coordinadora das eleccións sindicais de persoal docente non universitario da provincia onde figures no censo destas eleccións sindicais:

A Coruña: 

Mesa Coordinadora Provincial da Coruña

Xefatura Territorial da Consellería de Educación, Universidade e F. P.

Rúa Vicente Ferrer, n.º 2- 7.º andar

15071 A Coruña.

Lugo:

Mesa Coordinadora Provincial de Lugo

Xefatura Territorial da Consellería de Educación, Universidade e F. P.

Rolda da Muralla, n.º 70

27071 Lugo

Pontevedra:

Mesa Coordinadora Provincial de Pontevedra

Xefatura Territorial da Consellería de Educación, Universidade e F. P.

Edificio Administrativo de Campolongo

Avda. M.ª Victoria Moreno, n.º 43 

36003 Pontevedra

Ourense:

Mesa Coordinadora Provincial de Ourense

Xefatura Territorial da Consellería de Educación, Universidade e F. P.

Rúa Concello, n.º 11

32003 Ourense

 

  • COMO CONSIGO AS PAPELETAS?

No período inmediatamente posterior á proclamación das candidaturas, tras comprobar a inclusión do/a solicitante no censo electoral, a Mesa coordinadora enviaralle ao/á interesado/a un sobre coas papeletas e o sobre de votación ao enderezo consignado na solicitude.

  • A ONDE ENVÍO O MEU VOTO?

Unha vez que recibas o envío, deberás introducir unha papeleta no sobre de votación, pechalo e, acompañado dunha fotocopia do dni, envialo nun sobre de maior dimensión á mesa electoral parcial onde figures como membro do censo.

  • CANDO SE ABRE O SOBRE DO VOTO POR CORREO?

Recibido o sobre certificado no teu centro, será custodiado polo secretario ou secretaria da mesa ata a votación, quen, ao remate desta e antes de iniciar o escrutinio, entregarallo ao presidente ou presidenta, que procederá á súa apertura. Identificará a persoa electora co dni, introducirá a papeleta na urna electoral e declarará expresamente o voto.

Se a correspondencia electoral fose recibida con posterioridade ao remate da votación, non se computará o voto nin se terá como votante o elector ou electora; incinerarase o sobre sen abrir, deixando constancia de tal feito.

Non obstante, se estás presente o día da elección e decides votar persoalmente, manifestaralo así perante a mesa, a cal, despois de emitido o voto, procederá a entregarche o que enviaras por correo, se se recibiu, e en caso contrario, incinerarase cando se reciba.