CCOO-Ensino denuncia a improvisación da Consellería ao publicar a sete días de inicio das oposicións unha corrección de erros que modifica as probas nalgunhas especialidades

CCOO-Ensino xa esixira na Mesa Sectorial onde se tratou a orde de oposicións que se revisase o Anexo en que figuraban as especificacións da Parte A da primeira proba, aclarando en que consistían e que se ía valorar nesta parte da proba.

CCOO-Ensino  denuncia que a sete días da realización das probas prácticas non se poden modificar as regras do xogo nas especialidades de Bioloxía e Xeoloxía e Procedementos de Diagnóstico Clínico e Ortoprotésico, especialmente nesta última na que se amplian os casos posibles para a realizar o dito diagnóstico, introducindo elementos que non figuraban na orde publicada no inicio.

CCOO-Ensino pon de manifesto que estamos ante dunha mostra máis da improvisación de que está a facer gala esta Administración e da falta de respecto aos opositores e opositoras destas especialidades.

CCOO-Ensino denuncia que a propia Administración pode estar pondo en cuestión os procesos selectivos nas devanditas especialidades coa publicación dunha modificación substancial da orde a menos dunha semana da realización das probas.

 

ver CORRECCIÓN DE ERROS