PERMUTAS PROVISIONAIS
Toda a información sobre as PERMUTAS PROVISIONAIS (intercambios provisionais)
Normativa. ORDE do 17 xuño de 2017 pola que se regulan os intercambios provisionais de prazas do persoal docente que imparte as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, en centros dependentes desta consellería (DOG 30 /06/2017)
Corrección de erros: Anexo cos datos a incorporar on line por parte de cada solicitante
MODIFICACIÓN COS PRAZOS DE SOLICITUDE
INFÓRMATE Permutas provisionais
ver infórmaTE cos Prazos de Solicitude
Acceso ao formulario de solicitude nesta ligazón (cada persoa que solicite a permuta ten que facelo individualmente indicando a maiores os datos da persoa coa que quere permutar).
Recordade que tedes que ter un método de identificación en sede.xunta.gal, xa sexa a Chave365 ou o Certificado da FNMT
PERMUTAS PROVISIONAIS
A Orde de 17 de xuño de 2017 (DOG de 30 de xuño) regula as permutas provisionais de prazas do persoal docente, coa denominación de “intercambios provisionais”.
REQUISITOS
Poderán solicitar o intercambio provisional de prazas dúas ou máis persoas funcionarias de carreira, funcionarias en prácticas ou interinas que reúnan os seguintes requisitos:
a) Que pertenzan ao mesmo corpo.
b) Que a praza corresponda a mesma especialidade.
c) Que vaian desempeñar a súa función docente no centro educativo durante o curso.
Porén, non poderá concedérselle ao profesorado que desempeñe o seu posto de traballo en réxime de comisión de servizos.
PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES E NOTIFICACIÓNS
- Só se pode presentar a solicitude na sede electrónica da Xunta: https://sede.xunta.gal.
- Se alguén a presenta será requirido para facelo na sede electrónica, contando os prazos desde que o faga por está vía.
- Cada persoa que desexe permutar debe presentar unha solicitude na que deberán constar os datos da persoa coa que queira solicitar o intercambio de praza.
- Todas as notificacións e resolucións serán por vía electrónica (conta de correo e/ou móbil que consten na solicitude). Tamén serán notificados das permutas os centros educativos.
PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
Praxo xeral do 15 de xullo ao 31 de xullo
1. Cando a publicación da resolución de adxudicación definitiva de destinos provisionais na páxina web da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, http://www.edu.xunta.gal para o curso académico correspondente sexa con anterioridade ao día 15 de agosto, as persoas obrigadas a participar no devandito concurso poderán optar por un dos seguintes prazos:
a) Dez (10) días hábiles desde o día seguinte ao da publicación da resolución de adxudicación definitiva de destinos provisionais na páxina web da consellería.
b) Catro (4) días hábiles desde o día 1 de setembro. A resolución de autorización de intercambio provisional de praza terá efectos administrativos da data en que se dite e efectos económicos do día 1 de outubro. Neste segundo prazo soamente poderán formular solicitude de intercambio provisional de praza as persoas que non participasen no prazo establecido no parágrafo anterior.
2. Cando a publicación da resolución de adxudicación definitiva de destinos provisionais na páxina web da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional http://www.edu.xunta.gal para o curso académico correspondente sexa o día 15 de agosto ou con posterioridade a esta data, o prazo para as persoas obrigadas a participar no devandito concurso será de catro (4) días hábiles desde o día seguinte ao da publicación.
3. O prazo para as persoas que non estean obrigadas a participar no concurso de adxudicación de destinos provisionais do curso académico correspondente será desde o día 15 de xullo ata o 31 de xullo
RESOLUCIÓN
- A Consellaría, con carácter xeral, resolverá favorablemente as solicitudes de intercambio provisional de postos de traballo que non excedan de tres anos, e non causen graves prexuízos a terceiras persoas interesadas, entre os colectivos que se citan:
- Entre o persoal funcionario de carreira con destino definitivo.
- Entre o persoal funcionario con destino provisional
- Entre o persoal funcionario de carreira con destino definitivo e o persoal funcionario con destino provisional.
2. As solicitudes de persoas que xa gozaron de tres anos de intercambio provisional das prazas de destino e aquelas que impliquen a máis de dúas persoas precisan ser informadas pola comisión de valoración, na que están presentes as organizacións sindicais con representación na Mesa Sectorial.
A relación completa de intercambios de prazas publicarase no portal educativo da Consellaría de Educación.
TOMA DE POSESIÓN E VIXENCIA
- A toma de posesión será a que determine a Consellaría nas súas normas reguladoras de comezo de curso ou, se fose o caso, a da toma de posesión cando esta sexa distinta da anterior.
- A vixencia será por un curso escolar, sen prexuízo das prórrogas que se poidan conceder.
CONTACTO