Ensino non regrado


img

14 de novembro: asemblea aberta de Ensino e formación non regrada (academias)

Ás 19 horas, nos locais sindicais de CCOO en Santiago, rúa Miguel Ferro Caaveiro 8, 1º andar

Dirixida a todos os traballadores e traballadoras.

Orde do día:

  • Táboas salariais
  • Condicións laborais
  • Preguntas e suxestións

 ver CARTAZ

 

img

Impugnación X Convenio

O xuízo que se debía celebrar o pasado 12 de decembro en relación coa impugnación do X Convenio adíase á espera de que CCOO redacte unha nova demanda

img

CCOO consegue que as persoas de baixa cobren os gastos de desprazamento cando son citadas pola mutua

img

Sinatura VIII convenio colectivo de Formación e Ensinanza non Regrada

O día 3 de abril de 2017 produciuse a sinatura do VIII Convenio de Ensinanza e Formación Non
Regrada, suscrito polas organizacións sindicais CCOO e FeSP-OuGT, e por todas as Patronais
representadas na Mesa Negociadora, CECAP, CECE, A CADE-FECEI e ANCED.
A Federación de Ensinanza de CCOO, sindicato maioritario do sector, valora de xeito moi positivo o
acordo alcanzado tras un intenso e complexo proceso de negociación, no que finalmente, gracias
ao esforzo das partes negociadoras, foi posible unha firma que conleva a revisión das condicións
salariais e laborais, cunha necesaria actualización lexislativa xeral e clasificación profesional entre
os aspectvos máis destacados.

O convenio que será de aplicación tras a súa publicación no BOE, supón a regulación dun
importante sector de ensinanaza privada, e no que destacamos os aspectos máis relevantes:
Ámbito de aplicación temporal ata o 31 de Diciembro de 2018..
Revisión Salarial
2015 subida salarial 0.5%
2016 subida salarial 1,5%
2017 subida salarial 2%
A suma destas subidas salariales supón algo máis do 4% sobre os salarios actuales e o CPP
(Complemento de Perfeccionamiento Profesional).
A subida salarial ten carácter retroactivo, e polo tanto as empresas deberán pagar os atrasos de
2015, 2016 e os meses que levamos de 2017. Aínda que, as empresas poderán pagar os a t rasos
correspondentes os seus traballadores no prazo de tres meses (a partir da data de publicación no
BOE) e fraccionar as cuantías con carácter retroactivo en tres pagos dentro deses tres meses.
Compromiso de acordar as táboas de 2018 antes do 31 de diciembro de 2017.
Dereito a acumular as horas de lactancia: 15 días laborables.

 

img

NEGOCIACIÓN VIII CONVENIO COLECTIVO DE ENSINANZA E FORMACIÓN NON REGRADA

Dende CCOO queremos que os traballadores e traballadoras dos Centros de Ensino e Formación Non Regrada sen Concerto nen Subencións formen parte da negociación das súas novas condicións laborais que se plasmarán no VIII Convenio Estatal De Centros De Ensino e Formación Non Regrada.

A través deste formulario podes facernos as túas achegas as cales levaremos a mesa negociadora.

https://docs.google.com/a/galicia.ccoo.es/forms/d/e/1FAIpQLSfYG_EW-yIKi-uEju15rb2eUpmLDcZF7k82Ami7THIxogk72w/viewform