A Audiencia Nacional establece as datas para a celebración dos xuízos ante as reclamacións rexistradas por CCOO (Centros de asistencia e educación infantil)
Tras a reunión mantida este 2 de febreiro no SIMA (Servizo Interconfederal de Mediación e Arbitraxe), e ante a negativa das organizacións patronais a recoñecer o dereito das educadoras para cobrar un diferencial respecto a outras categorías profesionais, CCOO decidiu interpoñer a correspondente demanda xudicial na Audiencia Nacional.
O pasado 28 de decembro CCOO presentaba ante a Audiencia Nacional a correspondente demanda de impugnación por ilegalidade do XII Convenio Colectivo, nela solicítase que se declaren nulos os importes establecidos nas táboas salariais para aquelas categorías cuxas retribucións son inferiores ao SMI.
Na reunión celebrada onte co fin de abordar a adaptación das táboas salariais ao Salario Mínimo Interprofesional (SMI), segundo a disposición final cuarta do convenio colectivo, as organizacións empresariais amosaron unha vez máis a súa intransixencia e insensibilidade cara ao conxunto das e dos traballadores e negáronse a negociar unha saída para as táboas que non cumpran a lexislación vixente unha vez que se coñeza o SMI para este 2020.
O vindeiro venres 13 de novembro convocarase a Mesa de Negociación do XII Convenio Colectivo Estatal de centros de atención e educación infantil, como demandara CCOO na última reunión, coa seguinte orde do día: Disposición final cuarta e Salario mínimo interprofesional (SMI)
Velaquí podes ver as taboas salariais para o ensino infantil no trienio 19-21. Lembrade que a partir do 1 de setembro as táboas mudaron e hai que actualizar as cantidades
Nunha declaración conxunta demandan unha volta segura á actividade presencial e reclaman medidas urxentes para garantir o seu sostemento
As organizacións sindicais maioritarias no sector da Educación Infantil, CCOO e FeSP-UGT, manifestan nun comunicado que continuarán con todos os trámites de revisión e denuncia, se procede, das empresas do sector que, tendo contratos coa Administración e organismos públicos, aplicasen Expedientes Temporais de Regulación de Emprego (ERTE) á totalidade ou a parte das súas traballadoras