DECEPCIÓN!!!
Non hai outro xeito de describir o estado de ánimo tras da xuntanza coa Administación.
Non hai outro xeito de describir o estado de ánimo tras da xuntanza coa Administación.
Ante os ataques recibidos por parte de FSIE, CCOO considerou que non se daban as condicións adecuadas para manter a reunión da Mesa Negociadora do Convenio Colectivo do próximo día 26 polo que solicitou a súa desconvocatoria, sumándose desta maneira a UXT. Finalmente suspendeuse, quedando á espera de nova data. VER INFÓRMATE EN PDF
Velaqui podedes ver o resumo do que se tratou na xuntanza da mesa de Concertada do 13 de outubro
Estamos a traballar para conseguir un convenio que dignifique as condicións laborais do conxunto de traballadores e traballadoras do Ensino Concertado, sen aceptar plantexamentos de renuncias como as que se asinaron no convenio en vigor.
Por iso presentamos a Plataforma reivindicativa froito de meses de traballo e das aportacións da afiliación que recolle todo aquilo necesario para a mellora das condicións laborais das e dos traballadores da concertada. Velaquí podes ver un resumo coas reivindicacións máis salientables
Velaquí podes ver o RESUMO da Mesa Negociadora.
CCOO insta a Consellaría a impulsar un acordo de xubilación parcial para o profesorado do ensino concertado. Velaquí podes ver as nosas demandas.
Velaquí tedes o RESUMO da Mesa Sectorial Estatal do Ensino Concertado celebrada o pasado 4 de Xuño
O sindicato estima que é necesario un incremento de docentes e persoal complementario para cumprir coas recomendacións sanitarias propostas polo Goberno central. Para iso propoñerá un Pacto Estatal que asegure a estabilidade laboral e a maior provisión de recursos humanos no sector. Velaquí podes consultar mais información
Lembrámosvos que, por acordo adoptado na Comisión negociadora do convenio o pasado 29 de abril, a comisión de bolsas non se constituirá ata a primeira semana de xuño. Polo tanto, non será ata entón cando se poidan iniciar os trámites para solicitar a dita axuda.
En canto se inicie o proceso, remitirémosvos a información e documentación para que todas as persoas interesadas poidan realizar as solicitudes.