img

Resolución provisional de centros novos e de continuidade seleccionados para os plans de formación permanente do profesorado

Abrirase un prazo de cinco naturais para efectuar reclamacións ou renuncias. Transcorrido este prazo, unha vez estudadas e, de ser o caso, atendidas as mencionadas reclamacións e renuncias, a comisión seleccionadora elevaralle a proposta definitiva á persoa titular da secretaría xeral, quen resolverá a relación final dos plans seleccionados.

img

Persoas admitidas e excluídas interinidades e substitucións na especialidade de italiano

Resolución do 19 de novembro de 2021 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se aproba a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas e o baremo definitivo no procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia na especialidade de italiano do corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas (592012)

  • As persoas interesadas poderán formular recurso de reposición ás listaxes definitivas ante a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos nun prazo dun (1) mes desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no portal de internet da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, exclusivamente a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).

  • Non se admitirán orecursos formulados mediante correo electrónico.

Listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas para a cobertura de interinidades e substitucións (especialidade 592012)

Baremo definitivo para a cobertura de interinidades e substitucións (especialidade 592012)

  • image

    Catálogo de postos de traballo en centros de infantil, primaria e especial (actualizado a novembro de 2021)

  • image

    CCOO esixe a mellora dos servizos públicos e a recuperación dos dereitos do persoal do sector

  • image

    CCOO ensino, de loito polo falecemento do compañeiro Veri Pazos