img

CCOO aposta por dotar a todo o profesorado de equipos informáticos así como...

O sindicato solicitou á Consellería que dote ao persoal docente e aos centros con ferramentas de correo electrónico, xestor de arquivos e almacenamento na nube, aplicación de videoconferencias, etc e presenta unha serie de propostas e reflexións sobre as necesidades para un ensino telemático de calidade en Galicia.

Ademais denuncia a vulneración da lei de protección de datos e as fendas de seguridade que están a ter as ferramentas postas a disposición do profesorado neste momento

img

MESA SECTORIAL 20 de maio - Protocolo de reinicio da actividade lectiva

Na Mesa Sectorial de hoxe tratouse o  Proxecto do protocolo de reinicio da actividade lectiva , o resto dos puntos da Orde do día quedaron adiados para o vindeiro martes 26 de maio.

CCOO-ensino  manifestou que non se debe reiniciar a actividade lectiva presencial para ningún colectivo porque non se dan as garantías sanitarias para a seguridade da saúde das e dos traballadores, polo tanto non apoiamos o documento presentado hoxe na Mesa Sectorial. 

Velaquí podes ver a intervención de CCOO-ensino

 

img

CCOO esixe ao Ministerio de Educación na Mesa Sectorial do Estado máis recu...

O sindicato tamén expuxo as dificultades que poden xurdir coas Ofertas de Emprego Público que se pospuxeron ao ano que vén e que están reguladas polo  RD 84/2018, xa que pode existir un conflito entre estas prazas e as que se queiran sumar a estas, e que estarán reguladas por outra normativa de acceso. Nese sentido, pedimos seguridade xurídica para abordar a situación ao Ministerio de Educación e Formación Profesional.

CCOO-Ensino incidirá mañán na Mesa Sectorial de Galicia na situación dos procedementos selectivos do 2020.

  • image

    CCOO-Ensino esixe á Consellería de Educación que decida a finalización da actividade lectiva presencial no curso 2019-20

  • image

    As traballadoras e traballadores da Consellería de Educación abandonados á súa sorte na incorporación aos centros no inicio do proceso de dese...

  • image

    Publicada no DOG a resolución definitiva do concurso de traslados do curso 2019-20