CCOO súmase á campaña #EuTraballoPositivo reafirmando o seu compromiso contra as discriminacións que sofren as persoas co VIH

Porque:

1.- As persoas co VIH poden desempeñar calquera ocupación ou oficio.

2.- Compartir espazo de traballo cunha persoa co VIH non se atopa entre as vías de transmisión do virus.

3.- Moitas persoas co VIH viven con medo de que o seu seroestatus condicione a súa permanencia no emprego.

4 – As empresas poden contribuír á redución da discriminación cara as personas co VIH.

5 – A mellor vacina contra a discriminación laboral das persoas co VIH é a información

6- Os prexuízos non poden supor a exclusión das persoas co VIH en profesións con atención cara ao público.

Por todo isto CCOO esixe 

  • Medidas efectivas de igualdade no acceso ao emprego de persoas VIH positivas, como a supresión dos requisitos que supoñan a eliminación directa das persoas con VIH para calquera ocupación, especialmente para o emprego ou función pública, así como o cambio de consideración do VIH como enfermidade transmisible e non contaxiosa. .
  • Accións reais que, como sociedade, nos permítan avanzar na resposta contra a serofobia, o estigma e a estigmatización en todas as esferas da vida das persoas con VIH. Especialmente, no caso das mulleres co VIH, xa que, por razóns de xénero teñen menos posibilidades que os homes para acceder ao mercado laboral 
  • Unha maior protección para as persoas con VIH no acceso e a permanencia no emprego, mediante a aprobación de medidas lexislativas que prohiban de forma específica a discriminación das persoas con VIH no ámbito laboral así como a realización de determinadas prácticas como a realización da proba de detección do VIH nos recoñecementos médicos de empresa.
  • Medidas dirixidas a favorecer a inserción laboral ou o cumprimento dos seus dereitos en materia de pensións económicas tendo en conta o impacto do envellecemento prematuro de 10 anos nas persoas co VIH. .
  • Avogamos por favorecer o diálogo social e a negociación colectiva co goberno, organizacións empresariais e administracións públicas co obxecto de introducir medidas dirixidas a erradicar a discriminación no emprego así como a facilitar a empregabilidade e un salario digno ás persoas máis vulnerables.