ACCESO Á UNIVERSIDADE 2017/18

Xa rematada e publicadas as cualificacións da ABAU de xuño 2017, ábrese o prazo ordinario (19 xuño – 3 xullo) para solicitar acceso ás titulacións universitarias con límite de prazas, que preferentemente debe realizarse a través do programa Nerta.

Coa intención de facilitar a máxima información, agrupamos diversa documentación de interese para o alumnado e as familias:


* INSTRUCIÓNS DA CiUG sobre o proceso de solicitude de admisión.

OFERTA DE PRAZAS nas titulacións das Universidades galegas para o curso 2017-18.

* NOTAS DE CORTE do curso anterior (información orientativa).


Lembrade que o organismo competente nesta materia é a Comisión InterUniversitaria Galega, que ten toda a información na súa páxina web.

Ante calquera dúbida podedes consultarnos, en CCOO-Ensino estaremos encantados/as de poder axudar!