ASINADA A REVISIÓN SALARIAL DE 2015 E 2016

As subidas, que serán de aplicación tras a súa publicación no BOE, supón unha actualización salarial que afecta a 30.000 traballadores e traballadoras do sector.

Con data 23 de maio de 2017 procedeuse á sinatura da revisión salarial do XXII Convenio Nacional de Autoescolas para os anos 2015 e 2016. O acordo foi subscrito polas organizacións sindicais CCOO, FeSP-UXT e USO, e pola Patronal representada na Mesa Negociadora CNAE.

A Federación de Ensino de CCOO coñecedora da situación do sector valora de xeito positivo o acordo alcanzado tras un proceso de negociación excesivamente alongado no tempo, debido á proposta de partida da Patronal: conxelación para 2015 e unha insuficiente subida do 0,5% para 2016.

Finalmente, grazas ao esforzo das partes negociadoras, foi posible unha sinatura que leva unha subida das condicións salariais, desbloqueando a sistemática conxelación que viña producíndose, deixando constancia CCOO da necesidade dun cambio de rumbo na próxima negociación.

As subidas, que serán de aplicación tras a súa publicación no BOE, supón unha actualización salarial que afecta a 30.000 traballadores e traballadoras do sector, quedando reflectido do seguinte xeito:

2015 suba salarial 0,3%

2016 suba salarial 1,0%

A suma destas subidas salariais supón algo máis do 1,3% sobre os salarios actuais.

Lembramos que dita suba salarial ten carácter retroactivo, e por tanto as empresas deberán pagar os atrasos de 2015 e 2016 a partir da data de publicación no BOE.

Esta revisión permítenos continuar coa negociación para a revisión do ano 2017 sen condicionamentos de anos anteriores.

CCOO seguirá traballando polas mellores condicións dos traballadores e traballadoras do sector.