CCOO-Ensino denuncia a incapacidade da Consellería de Educación na planificación da oferta educativa do concello de Culleredo.

Diante das modificacións da oferta educativa de Secundaria no concello de Culleredo que estan a implicar o traslado das ensinanzas de bacharelato do IES Universidade Laboral ao IES Rego de Trabe impartindose estas no edificio Mariñas que non esta no recinto escolar de dito IES , CCOO-Ensino quere denunciar a incapacidade da Consellería de Educación para deseñar a oferta educativa no devandito concello,.

CCOO xa advertiu, e o tempo ven a darnos a razón, que a construción e oferta educativa adxudicada ao novo centro, IES Rego de Trabe, non era suficiente para solucionar os problemas de prazas educativas no concello e que eran necesarias medidas integrais que diran solución a esta insuficiencia. 

CCOO-Ensino pon de manifesto que a solución adoptada pola Consellería de Educación non é a máis acaida e supón un novo parche no mapa educativo do concello de Culleredo.

CCOO-Ensino denuncia así mesmo o oscurantismo e ocultación por parte do Xefe Territorial destas modificacións cando ao ser preguntado na xuntanza coa Xunta de persoal do mércores 19 sobre o mapa educativo de Culleredo, non dou conta das mesmas aos representantes legais do profesorado e que dous dias despois se lle trasladan aos centros afectados  ditas modificacións. Esta actitude supón unha nova mostra de desprezo ao profesorado por parte do máximo responsable da Consellería na provincia.

CCOO-Ensino esixe que a nova situación permita a recolocación de todo o profesorado afectado dos dous centros sen perda algunha de dereitos, asi mesmo denunciamos que estas modificacións sexan feitas unha vez máis cando esta rematado o prazo de participación do profesorado no concurso de traslados.

CCOO-Ensino advirte que tras estas modificacions poden subxacer outras cuestións alleas ao mapa educativo de Culleredo, como sería a paulatina transformación do IES Universidade Laboral en Centro Integrado de Fomación Profesional, ao desaparecer o bacharelato da súa oferta formativa.

 

CCOO-Ensino ponse a disposición do profesorado dos centros afectados para o asesoramento en todo o referido ao novo proceso de adscrición.